See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Argonautas - Wikipedia

Argonautas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A nave Argo, por Lorenzo Costa
A nave Argo, por Lorenzo Costa


Na Mitoloxía grega, os Argonautas (en grego: Αργοναύται) eran un grupo de heroes que, en anos anteriores á Guerra de Troia, acompañaran a Xasón á Cólquida, na busca do vélaro de ouro. O seu nome procede do nome da súa nave, a Argo, que á súa vez fora designado así en honra do seu construtor Argos; de modo que, literalmente, Argonautas significa "mariñeiros do Argo".


Índice

[editar] Lenda do Mito

Pelías converteuse en rei de Yolco tras destronar a Esón, este temeroso de que o seu fillo Xasón, quen era herdeiro ó al trono, fose asasinado enviouno á cova do centauro Quirón onde recibiu instrución ata o seu regreso a Yolco para reclama-lo seu dereito ó trono.

Na súa viaxe a Yolco xasón perdeu unha das súas sandalias e ó presentarse ante Pelías este lembrou que un antigo oráculo advertiralle sobre alguén cunha sóa sandalia que baixaría do monte para destronalo e matalo. Pelias accedeu a devolverlle-lo trono a Xasón pero exisiulle cumplir co suposto pedido de regresar á súa orixe o vélaro de ouro.

Jasón aceptou o encargo e ordenoulle a Argos a fabricación dunha nave, esta embarcación tiña o don da fala e da profecía. Despois formou a tripulación cos mozos máis valentes de aqueles tempos.

Os Argonautas partiron da costa de Págasas, ó seu paso pola illa de Limnnos, habitada por mulleres, unieronse con elas coa ídea de que concibiran fillos varóns; pasaron por Samotracia chegando é terra dos Dolións, onde o seu rei Cícico acolleunos, ó partires os ventos levaronnos de novo á costa onde por erro enfrentaronse ós seus antigos anfitrións resultando mortos o rei Cícico e a súa corte. Nas costas de Mísia, as ninfas apoderaronse de Hilas, Hércules e [[Polifemo] abandonaron o barco para ir na súa axuda e a viaxe continuou sen eles. Ó pasar pola terra do adiviño cego Fineo, libraronno das Harpías, e el en agradecemento deulles a seña para evita-las rochas Cianeas que destruían calquera nave que se atrevese a pasar entre elas.

Despois destas e outras aventuras a expedición chegou ó reino de Eetes. Xasón realizou unha visita ó monarca e solicitoulle a entrega do Vélaro de Ouro, o rei para entregarllo pidiulle a cambio que domara os touros con unllas de bronce e que arase o campo e o sembrase con dentes de dragón que lle entregaría.

Medea, filla de Eetes, quen namorada de Xasón ofreceuse a axudarlle sempre e cando Xasón se casase con ela. Entregoulle unha cataplasma máxica para que a aplicase sobre o seu corpo e escudo co que quedaría protexido contra o lume e o ferro. Advirtiulle que o sementa-los dentes do dragón converteríanse en soldados que o asasinarian. Indicoulle que lanzara pedras sen ser visto e deste modo confundiríaos facendo que loitasen e se matasen entre eles.

Xasón realizou estas tarefas con éxito, pero Eetes incumpliu a súa promesa, entón Xasón, axudado por Medea, dormeu ó dragón gardián, e apoderouse do vélaro de ouro e fugaronse. Cando o rei Eetes descobreu a fuga e o roubo do vélaro de ouro, lanzouse na súa procura. Medea, para retrasalo, deu morte ó seu irmán Apsirto, e lanzou ó mar un a un os seus membros. Eetes, non puido levar a bo termo a persecución ó ir recolendo os restos do seu amado fillo.

De regreso, ó seu paso pola illa das sereas os argonautas foron protexidos dos seus cantos por Orfeo, músico de Tracia, coa súa melodiosa lira e voz; chegaron a Creta, onde se enfrontaron ó xigante Talo coa axuda dos feitizos de Medea.

O chegar a Yolco, traendo o vélaro de ouro, Xasón enterouse que Pelias, asasinara a tódolos seus parentes e que ademáis negabase a entregarlle-lo trono. Medea convenceu ás fillas do rei a que lle axudaran a elimínalo prometendolle-la eterna xuventude. Xasón asumiu o trono e con Medea reinaron en Yolco, anos máis tarde concibiron un fillo, confiándolle a súa educación ó Centauro Quirón.

[editar] Os Argonautas máis célebres

Partiron en total cincuenta guerreiros, dos cales os principais Argonautas eran:

  • Xasón e seu primo Acasto, fillo de Pelias.
  • O adiviño Idmon, fillo de Apolo.
  • Os Dióscuros (fillos xemelgos de Zeus) Cástor e Pólux.
  • Os semi-deuses do vento, fillos de Bóreas, Calais e Zetes.
  • Anfión.
  • Etalides, fillo do deus Hermes.
  • O xigante Argos, que foi o construtor do navío e o seu piloto.
  • Ascálafo, fillo do deus Ares e rei de Orcómene.
  • Unha muller Atalanta que tentou embarcar disfrazada de home, mais foi descuberta por Xasón.
  • O ladrón Autólico, fillo do deus Hermes e que viría ser o verdadeiro pai de Ulises.
  • Laertes, que era o "pai putativo" de Ulises.
  • Butes, fillo de Téleon.
  • Équion, tamén fillo de Hermes.
  • Eufemo, fillo de Poseidón.
  • Euríalo.
  • Heracles , o seu sobriño Iolao e o seu discípulo Hilas, ambos "amigos moi íntimos" de Heracles.
  • Poias e seu fillo, Filoctetes, ambos amigos de Heracles.
  • Os xemelgos Idas e Linceo, rivais de Cástor e Pólux, o segundo dotado de agudísima vista, capaz de ver detrás dos muros.
  • Oileo, que viría ser pai de Aiax, e que era namorado de Apolo.
  • Meleagro.
  • O poeta Orfeo, fillo de Apolo e da musa Calíope.
  • Peleo, que viría ser pai de Aquiles, e seu irmán Telamon.
  • O concerta-todo Palemón, fillo de Hefesto.
  • Poriclimeno, fillo de Poseidón, que tiña o poder de se metamorfosear en calquera animal mariño.
  • Talao, rei de Argos.
  • Tífis e Anceo que se relevaran como temoneiros do navío Argos.
  • Erxino, que substituíu a Tífis, cando este morreu.
  • Anfiarao, outro célebre adiviño.
  • Admeto, fillo do rei Feres.
  • Asclepio, fillo de Apolo, médico dos expedicionarios.
  • Teseo, príncipe de Atenas.
  • Piritoo, rei dos lapitas, etc.

[editar] Vésaxe tamén

[editar] Outros Ártigos


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -