Airbus A330
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Airbus A330 | |
---|---|
A330-200 de Etihad Airways | |
Tipo | Pasaxeiros |
Fabricante | Airbus |
O Airbus A330 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, de gran capacidade e alcance medio-longo. O seu desenvolvemento foi paralelo ao do Airbus A340.
Airbus tentou con este avión competir no mercado dos birreactores de longo alcance (ETOPS en inglés), que estaba dominado polos Boeing 767 e Boeing 777. O Boeing 757 pertence a este sector pero non ten moito alcance.
A fuselaxe e ás do A330 son practicamentes idénticas ás do A340, pero ten diferentes motores. O avión herda o deseño de fuselaxe do A300, e os mandos e panel de control electrónicos fly-by-wire do A320.