Afrodita
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Afrodita. Deusa grega do amor e da beleza.
Afrodita/Venus
É a deusa do amor. Nacida da escuma do mar de Chipre fecundado polos xenitais do Ceo/Urano, botado polo seu fillo Crono/Saturo despois de castralo. Afrodita é a “Amante da sonrisa”,”trenzadora de enganos”. Durante o xuízo de Paris, nada puido a maxestade da deusa Hera nin a belicosidade de Atenea fronte á súa seductora beleza. Foi a protectora de Paris e de Troia, e logo do heroe latino Eneas, o fillo de Anquines e fundador simbólico de Roma. É tamén a fecundidade na natureza vexetal e animal. A lasciva pomba é unha ave. O seu fillo é Eros-o latino Cupido-caprichoso frecheiro de dous dardos: un para os amores felices, e o outro para os desgrazados.
Segundo Hesíodo foi formada coa escuma do mar. Paris concedeulle a mazá de ouro como premio á fermosura, en competencia con Hera e Atenea.
Os seus poderes eran inmensos: protexía aos esposos, fecundaba os fogares, estaba presente nos partos, simbolizaba a paixón desenfreada, incitaba aos mortais a toda clase de voluptuosidades e vicios.
A illa de Citeres era o centro do seu culto.
Afrodita tiña o seu propio festival, as Afrodisias, celebradas en toda Grecia, pero sobre todo en Atenas e Corinto.
O seu equivalente romano era Venus, Ishtar en Mesopotamia, Ashtart en Fenicia, Turan en Etruria.
Afrodita naceu no mar, preto de Pafos, Chipre, cando Cronos lle cortou os xenitais a Urano o seu sangue cando caeu ao mar e fixo a escuma da que naceu Afrodita.
Por mor da súa fermosura, Zeus temía que puidese ser causa de violencia entre os deuses, pola que a casou con Hefesto, pero a infelicidade do seu matrimonio causou que buscase compañía noutros, frecuentemente Ares, pero tamén Adonis, Anquises e moitos outros.