Eros
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome propio. Deus grego do amor, correspondente ó Cupido romano.
[editar] Xenealoxía
Hai varias versións sobre o nacemento de Eros. Segundo unhas, Eros xurdiu do Caos primixenio; segundo outras lendas, era fillo de Ares e Afrodita.
[editar] Símbolos
É representado normalmente como un neno pequeno, gordecho e de dourados rizos, que adoita acompañar a Afrodita nas súas aventuras. Tamén se lle representa con alas, e portando o arco e mailas frechas que utiliza para sementa-lo amor (se usa as súas frechas de punta de ouro) e o desamor (se usa, polo contrario, as de punta de chumbo) tanto entre humanos coma nos deuses.