9 de xaneiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dec - Xaneiro - Feb | ||||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 | |||
2008 |
O 9 de xaneiro é o 9º día do ano do Calendario Gregoriano. Quedan 356 días para finalizar o ano, 357 nos anos bisestos.
8 de xaneiro < 9 de xaneiro < 10 de xaneiro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1693 - Un terremoto atinxe en Sicilia máis de 60 aldeas e poboados, causando a morte de 50.000 persoas.
- 1768 - O inglés Philip Astley presenta en Londres o primeiro circo moderno, con acróbatas, pallasos e animais.
- 1822 - No Brasil, Don Pedro I (IV de Portugal) declara que ficará no país a pesar da presión contraria das Cortes de Lisboa, dando con isto maior forza ao proceso de independencia do Brasil.
- 1863 - Inaugúrase o metro de Londres, primeiro tren subterráneo do mundo, con sete quilómetros de percorrido.
- 1878 - Humberto I tórnase rei da Italia.
- 1912 - Os Estados Unidos invaden Honduras, buscando preservar os seus intereses na produción de plátanos.
- 1923 - Juan de la Cierva proba o autoxiro, primeiro prototipo dun helicóptero.
- 1927 - Rebelión militar en Lisboa.
- 1939 - Italia incorpora a Libia ao seu territorio.
- 1950 - Soterramento de Castelao no cemiterio da Chacarita, Bos Aires.
- 1945 - Segunda Guerra Mundial: as tropas aliadas desembarcan en Luzón, nas Filipinas.
- 1951 - Inaugúrase en Nova York a sede da Organización das Nacións Unidas.
- 1954 - Preséntase en Nova York a primeira calculadora que utiliza circuítos integrados.
- 1957 - Anthony Eden, primeiro ministro británico, dimite e é substituído por Harold Mac Millan.
- 1960 - Comeza a construción do Encoro de Asuán no Río Nilo, sendo Gamel Abdul Nasser presidente do Exipto.
- 1968 - A sonda espacial norteamericana Surveyor 8 chega á superficie lunar. O primeiro home pisaría a Lúa no ano seguinte.
- 1972 - No Reino Unido 280.000 mineiros van á folga.
- 1992 - Independencia da Bosnia-Herzegovina.
- 1996 - Rebeldes chechenos capturan 2.000 rusos e ameazan matalos caso de que as súas esixencias non sexan aceptadas polo goberno.
- 2005 - Mahmoud Abbas ou Abu Mazen é electo presidente da Autoridade Nacional Palestina para substituír a Yasser Arafat, morto o 11 de novembro en París.
[editar] Nacementos
- 1902 - José María Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei (m. 1975)
- 1908 - Simone de Beauvoir, filósofa, feminista e escritora (m. 1986)
- 1941 - Joan Baez, cantante norteamericana de folk
- 1944 - Jimmy Page, guitarrista estadunidense e ex-membro da banda Led Zeppelin
- 1950 - Xosé Ramón Mariño Ferro, antropólogo e escritor
- 1959 - Rigoberta Menchu, na Guatemala, defensora dos dereitos humanos, Premio Nobel da Paz de 1992
[editar] Mortes
- 1799 - Maria Gaetana Agnesi, científica italiana
- 1873 - Napoleón III de Francia, emperador (n. 1808)
- 1878 - Vítor Emanuel II, rei de Italia, sucedido por Humberto I (n. 1820)
- 1923 - Katherine Mansfield, escritora neocelandesa (n. 1888)
- 2004 - Norberto Bobbio, filósofo e politólogo italiano.
[editar] Santoral
- Santa Marciana
[editar] Festas e celebracións
- Dia do Fico, no Brasil (non é feriado, máis pode haber solemnidade oficial), homenaxeando o acto de Dom Pedro I
[editar] Outros
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro