See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Norberto Bobbio - Wikipedia

Norberto Bobbio

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Alto!!! Este artigo está sendo editado.
Este artigo está actualmente sendo editado.
Por favor, non faga ningunha edición neste artigo mentres esta mensaxe siga aparecendo para evitar así conflitos de edición.
Se precisa saber quen está traballando no artigo, por favor revise o historial de edicións
(O tempo máximo de presenza deste marcador no artigo é dun mes; pasado ese tempo debe retirarse).


Norberto Bobbio (Turín, Italia, 18 de outubro de 1909 - 9 de xaneiro de 2004), xurista, filósofo e politólogo italiano.

Índice

[editar] Biografía

Os primeiros pasos de Bobbio na política foron na resistencia antifascista, o cal segundo as súas propias palabras marcou un antes e un despois na súa vida. Durante ese período sufriu o encarceramento. Sen embargo, fai pouco tempo abriuse unha forte polémica cando Norberto Bobbio aceptou debater con un periodista o seu rol durante o fascismo. Alí confesou que a súa posición no período en que foi perseguido non foi de todo valente: hasta se coñeceu unha carta que lle enviou a Mussolini na cal resalta a súa “total devoción” pola causa. O autor considera actualmente que foi a experiencia máis humillante que lle tocou vivir posto que era unha acción común da época o manifestarse adherente á causa fascista para tratar de salvarse das persecucións.

Pero sen dúbida é na resistencia contra o fascismo onde comeza a súa carreira política. Primeiro ligado á corrente liberal-socialista a fin dos anos 30. Logo, durante a Guerra Fría, adscribiu ao movemento da política da cultura, oposta á política ordinaria dos políticos.

Nos seus últimos anos, Bobbio declarou que lle interesan cada vez menos os problemas políticos coxunturais e ocupouse cada vez máis de problemas máis xerais como a vellez, a morte, etc. Fai poucos anos publicou a súa Autobiografía coa colaboración do periodista de La Stampa Alberto Papuzzi. Nela, lamentándose de non ter escrito nunca un diario, ocúpase de facer un repaso das súas vivencias, as súas actividades ao longo do século. Repasa desde a súa infancia en Turín, as súas primeiras actuacións na política. Recorda tamén as súas “batallas políticas”, as súas discusións cos comunistas, aos que, a pesar de non comulgar co seu pensamento, respectaba no marco da súa actitude de libre confrontación de ideas. Pero sen dúbida o que mellor recorda son os seus anos como profesor, a actividade que máis satisfaccións lle deu.

[editar] Pensamento

A obra de Bobbio caracterizouse pola conxunción de dous valores que para el deben ir xuntos, a liberdade e a xustiza. Pódese enmarcar o seu pensamento dentro da corrente denominada liberal-socialista que sostén que son necesarios dereitos sociais fundamentais como educación, traballo e saúde como condición previa para un mellor exercicio da liberdade.

Hai dous autores moi influentes na súa obra: o pensador austríaco Kelsen, especialmente na área do Dereito e o autor do Leviatán Thomas Hobbes, especialmente na área da Teoría Política. Outros intelectuais influentes na súa obra son Benedetto Croce e Max Weber. É interesante observar que a través do estudo da obra de Hobbes, Bobbio entrou en contacto co politólogo alemán Carl Schmitt (quen foi cuestionado pola súa posición achegada ao nazismo) co cal mantivo unha prolongada relación epistolar.

Como intelectual enfatiza constantemente “a certeza da dúbida”. É un home aberto ao debate de ideas e considera fundamental a loita polos valores democráticos. A definición de democracia de Bobbio é bastante básica: “un conxunto de regras (primarias ou fundamentais) que establecen quén está autorizado para tomar as decisións colectivas e baixo qué procedementos”. Esta concepción non está ligada basicamente a un contido e esto é o que por exemplo critica Alain Touraine, posto que para o francés se ben as regras de procedemento son necesarias e incluso indispensables para a existencia da democracia, estas non son máis que un medio ao servizo de fins, e alí é onde se produce a diferenza entre as democracias reais e o ideal de democracia.

No seu libro O futuro da democracia Bobbio observa algunhas características negativas das actuais democracias: subordinación dos individuos aos grupos organizados que loitan por intereses particulares en detrimento da representación política xeneral; permanencia do poder invisible que actúa ás costas e sen o coñecemento da colectividade (negociacións secretas); crecente poder dos técnicos e as burocracias e ingobernabilidade derivada da incapacidade das autoridades nacionais para procesar o conxunto de demandas sociais (entre outros problemas).

O tema da democracia representativa é fundamental nas sociedades modernas posto que se fai imposible unha democracia sen mediacións. Bobbio observa que a democracia representativa non se esgota no “estado parlamentario” e cando se refire ao “proceso de democratización” pénsao como a difusión das regras de representatividade nos espazos da sociedade civil marcados pola organización xerárquica antes que pensalo coma un paso da democracia representativa á democracia directa.

[editar] O papel do intelectual

Bobbio ocúpase de diferenciar o rol do intelectual e do home de acción. Na súa obra Os intelectuais e o poder establece unha diferencia entre os pensadores da política e os políticos de profesión. Mentres os primeiros se dedican a elaborar ideas, discutir problemas, os segundos dedícanse a tomar decisións. Aquí observamos a clara herdanza do pensamento weberiano na separación das esferas do coñecemento e da acción.

[editar] A guerra

Con respecto á política internacional, Bobbio dedicouse activamente aos estudos sobre o problema da guerra, os camiños da paz e o pacifismo como actividade política. Para el é necesario fronte a algunhas manifestacións de violencia, responder con violencia, baixo ese criterio pronunciouse no momento da ocupación de Kuwait por Irak, feito que lle valeu unha polémica moi forte con moitos dos seus discípulos. Para o filósofo cando existe unha violación do dereito internacional por medio da forza vólvese lexítimo o uso da forza. É necesario segundo o autor que exista unha terceira forza neutral á dos dous actores en pugna para garantir a paz. Esta idea dun terceiro (Estado supranacional, Estado universal) é pertinente tamén para o autor nas cuestións referidas ás violacións aos dereitos humanos.

[editar] Obras

  • Diccionario de Política, escrito xunto a Nicola Matteucci e Gianfranco Pasquino.
  • O futuro da democracia.
  • Autobiografía.
  • Nin con Marx nin contra Marx.
  • Liberalismo e Democracia.
  • Os intelectuais e o poder.
  • Teoría xeral do Dereito.
  • Thomas Hobbes.
  • Dereita e esquerda.
  • De senectute.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -