Venres
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Venres é o quinto día da semana. O nome "Venres" vén do latín veneris (dies) ou día de Venus, deusa romana do amor.Durante os últimos anos desprazou en moitos falantes o nome orixinal galego "Sexta-feira" por influencia do nome castelán donde foi introducido na lingua.
Índice |
[editar] Nomes noutras linguas:
Lingua | Nome | Significado |
Alemán | Freitag | O Día de Frøya |
Búlgaro | Петък/Petak | O Quinto Día da Semana |
Catalán | Divendres | Día de Venus |
Checo | Pátek | O Quinto Día da Semana |
Chinés Tradicional | 星期五/Xīng Qī Wu | Cinco da Semana |
Español |
Viernes | Día de Venus |
Eusquera |
Ostiral | Campo de Urtzi |
Francés |
Vendredi | Día de Venus |
Holandés |
Vrijdag | Día de Frig |
Inglés |
Friday | Día de Frig |
Irlandés | Dé aHoine | O Segundo Xaxún da Semana |
Islandés |
Föstudagur | Día de Xaxún |
Italiano |
Venerdì | Día de Venus |
Noruegués |
Fredag | Día de Frøya |
Quechua |
Ch'ashka P'unchay | Día da Estrela |
Portugués |
Sexta-feira | Sexto día |
Rumano | Vineri | Día de Venus |
Ruso |
Пятницу/Pyatnitsa | Quinto Día |
Xaponés |
金曜日/Kinyoubi | Día do Ouro |
[editar] O venres na cultura popular
No Barco de Valdeorras (Ourense), para cura-la caída do calleiro, ponse no amencer do venres, e durante tres venres seguidos, un colar feito de pólas de bidueiro no pescozo do enfermo.
Os días que levan ‘r’ (martes, mércores e venres) son considerados de mal agoiro e aconséllase non facer negocios neses días. Tampouco se debe corta-las uñas neses días, especialmente o venres.
Din en Portugal que As terças e sextas feiras nâo casses a filha nem urdas a teia. Terceira e sexta feira son o martes e o venres.
[editar] Fraseoloxía
Caldo de venres: o que se fai nos días de vixilia, sen botarlle carne nin graxa, e que só leva aceite rustrido. Os ollos que forma o aceite na superficie explican a frase ter máis ollos que o caldo de venres.
Cara de venres: de aspecto tristeiro.
Non é cousa do outro venres: o que non sorprende a ninguén, ou que resulta cousa normal e corrente despois de anuncialo como se fose unha marabilla ou algo insólito.
Sexta feira maior: venres santo.
[editar] Refraneiro
Navidá en venres, sementa onde puideres, navidade en domingo, vende os bois e bótao en trigo.
O martes e o venres nin te cases nin te embarques.
[editar] Cantigueiro
[editar] Días da semana:
Luns ~ Martes ~ Mércores ~ Xoves ~ Venres ~ Sábado ~ Domingo