Renzo Piano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Renzo Piano (nado o 14 de setembro de 1937) é un arquitecto italiano de fama e recoñecemento internacional.
Naceu en Xénova, Italia, onde aínda mantén a súa casa e oficina de traballo. Foi alumno e posteriormente mestre na Escola Politécnica de Milán. Dende 1965 ata 1970 traballou con Louis Kahn e con Makowsky. Tamén traballou xunto a Richard Rogers dende 1971 ata 1977, sendo o seu proxecto máis famoso o Centro Georges Pompidou en París no ano 1977.
Deseñou o "Menil Collection Museum" en Houston no 1986, un dos proxectos de enxeñería máis extraordinarios do século vinte no Aeroporto Internacional de Kansai, Osaka (1988), e a reconstrución da Daimler-Benz en Berlín, Alemaña. No ano 2002 rematou o Auditorio de Música estado-da-arte en Roma. No 2003 remátase a Igrexa do Pai Pio Pelegrino en San Giovanni Rotondo. Un museo en Berna, Suiza, dedicado a o pintor suizo Paul Klee foi tamén deseñado por el. Piano ten deseñado tamén estadios, pontes e automóbiles.
Un dos deus proxectos máis novos é o rañaceos Torre da Ponte de Londres.
Gañou o Premio Pritzker no ano 1998 e foi nomeado Embaixador de Boa Vontade pola UNESCO.
[editar] Principais proxectos
- IRCAM, París (Francia)
- Centro Cultural Jean-Marie Tjibaou , Noumea, Nova Caledonia
- Museo da Fundación Beyeler, Basilea, Suiza
- Pavellón de viaxes de IBM
[editar] Ligazóns externas
- Renzo Piano, Folla Web Oficial
- Biografía dos Premios Pritzker
- Perfil de Renzo Piano e os seus edificios en Greatbuildings.com
Gañadores do Premio Pritzker | ||
---|---|---|
|