Álvaro Siza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Álvaro Siza Vieira (Álvaro Joaquim de Melo Siza Vieira, nado o 25 de xuño do 1933 en Matosinhos) é un arquitecto contemporáneo portugués.
Gañou o Premio Pritzker no ano 1992. O seu poético modernismo debuxa sobre o contexto para iluminar os trazos universais. Xunto con Fernando Tábora, é unha das referencias da "Escola do Porto" (Escola de Arquitectura do Porto), onde os dous foran mestres. O traballos dos dous arquitectos inspíranse no emprazamento, tratando de achar o que se bota de menos nel, habendo sempre unha forte ligazón entre o edificio e a natureza, o novo e o vello, o sensorial e o racional.
Índice |
[editar] Algunhas das súas obras
- Restaurante da Boa Nova (1958)
- Schlesisches tor Housing en Berlín (1988)
- Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Santiago de Compostela (1993)
- Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Santiago de Compostela
- Pavillón de Portugal para a Exposición Universal de Lisboa (1998)
- Escola de Arquitectura de Porto
- Casa Vieira de Castro
[editar] Premios e recoñecementos
- Premio Príncipe de Gales da Universidade de Harvard, Estados Unidos, 1988
- Medalla de Ouro do Colexio de Arquitectos de Madrid, España, 1988
- Premio Pritzker, 1992
- Premio Nacional de Arquitectura de Portugal, 1993
- Premio Wolf das Artes, 2001
- Gran Premio Especial de Francia, 2005
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Manel Somoza (2007), Álvaro Siza. Conversas no obradoiro, Castro Caldelas: Verlibros. ISBN 978-84-611-8777-5.
Gañadores do Premio Pritzker | ||
---|---|---|
|