Jørn Utzon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jørn Utzon, nado o 9 de abril de 1918 é un arquitecto danés de recoñecido prestixio en todo o mundo. Naceu en Copenhaguen, fillo dun enxeñeiro naval e creceu en Dinamarca. No 1957 gañou inesperadamente o concurso para unha nova casa da ópera na cidade australiana de Sydney. Nos seguintes anos, Utzon gradualmente desenvolveu un xeito para a construción das enormes cunchas que cobren os dous muros.
Tamén tiña plans espectaculares para o interior dos halls, pero por motivos políticos, o novo goberno electo do estado de Nova Gales Sur parou os pagamentos ao arquitecto, polo que este deixou o país en 1966. Nunca volveu.
A Casa da Ópera de Sydney rematouse finalmente e foi aberta no 1973 pola raíña Isabel II, sendo agora un dos máis recoñecibeis edificios do mundo.
En marzo de 2003, Utzon foi galardonado co título de Doutor Honoris pola Universidade de Sydney. O fillo do arquitecto aceptou o galardón en nome do seu o pai, o cal estaba moi enfermo para viaxar a Australia. Utzon foi galardoado tamén coa Orde de Australia e coa Chave da Cidade de Sydney. Estivo tamén envolto nos traballos de remodelación e redeseño da casa da ópera, principalmente no hall da entrada, seguindo o acordo feito no ano 2000. No ano 2003, o arquitecto danés recibiu o maior honor coma arquitecto, foi galardoado co Premio Pritzker.
[editar] Ligazóns externas
- The Edge of the Possible, 58 minute documentary, 1998, Dir: Daryl Dellora, Film Art Doco Pty Ltd
Gañadores do Premio Pritzker | ||
---|---|---|
|