Gottfried Böhm
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gottfried Böhm (ou Gottfried Boehm) é un arquitecto contemporáneo alemán.
Böhm naceu o 23 de xaneiro de 1920 no seo dunha familia de arquitectos en Offenbach, Hesse. O seu pai, Dominikus Böhm, foi chamado para construir moitas igrexas ao longo da Alemaña. O seu avó foi tamén arquitecto. Logo de se converter en arquitecto pola Universidade Técnica de Munich no ano 1946, estudou escultura na Academia de Belas Artes. Despois do 1947, Böhm traballou xunto co seu pai antes da morte deste no ano 1955. Böhm saíu pouco despois da firma. Durante este período, tamén traballou coa Sociedade de Reconstrución de Colonia baixo as ordes de Rudolph Schwarz. No 1951, mudouse ao Nova Iorque onde traballou seis meses na firma Cajetan Baumann. No transcurso das súas viaxes pola América, atopou dúas das súas maiores inspiracións, os arquitectos alemáns Ludwig Mies van der Rohe e Walter Gropius.
Nas vindeiras décadas, Böhm construiu moitos edificios na Alemaña, incluíndo igrexas, museos, centros sociais, edificios de oficinas, casas e máis apartamentos. Foi considerado tanto coma un arquitecto expresionista coma un pos-Bahaus, mais el prefire referirse a si mesmo coma un arquitecto que crea "conexións" entre o pasado e o futuro, entre o mundo das ideas e o mundo físico, entre un edificio e o contexto urbano que o rodea. Neste eido, Böhm sempre visiona a cor, a forma e os materiais en relación coas ferramentas. Os seus proxectos máis novos foron feitos a maioría en formigón armado, aínda que máis recentemente comezou a usar máis aceiro e vidro nos seus edificios, debido a maioría das veces ao avance tecnolóxico destes materiais. En moitos dos seus traballos, a súa idea de planeamento urbanístico é evidente, outra vez incluíndo a súa idea da "conexión".
Böhm gañou a Grande Medaille d'Or de l'Academie de'Architecture, o Frith Schumacher Prize for Architecture in Hamurg e o Premio Pritzker da Arquitectura no ano 1988.
[editar] Principais proxectos
- Igrexa en Neviges (1962) foto
- Igrexa en Colonia (igrexa, bibliotecha, e cendo da xuventude) (1968)foto
- Zublin Office Building (1985) in Stuttgart foto
- Casa do Concello en Bensberg
- Edificio Municipal Rheinberg
- Restaurante en Bad Kreuznach
- Centro Social en Bergisch Gladbach
- Magasin Peek+Cloppenburg en Berlín
- Deutsche Bank en Luxembourgo
Gañadores do Premio Pritzker | ||
---|---|---|
|