Jean Nouvel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jean Nouvel, nado o 12 de agosto do 1945, é un arquitecto francés. Estudou na École des Beaux-Arts en París e foi un dos membros fundadores de Mars 1986 e do Syndicat de l'Architecture. Obtivo numerosos recoñecementos e distintivos ao longo da súa carreira, incluindo o Aga Khan da Arquitectura (tecnicamente o premio déuselle ao edificio do Institut du Monde Arabe que Nouvel deseñara), o Premio Wolf das Artes no 2005 e o Premio Pritzker no 2008. Un variado número de museos e centros de arte amosan retrospectivas do seu traballo.
[editar] Educación e familia
Jean Nouvel naceu o 12 de agosto do 1945 en Fumel, Lot-et-Garonne (Francia), fillo dos mestres Renée e Roger Nouvel. Mudáronse en varias ocasións cando ao seu pai converteuse no supervisor das escolas do condado. Os seus pais animaron a Nouvel ao estudo de matemáticas e lingua, mais cando tiña 16 anos, o novo Nouvel sentiuse cautivado pola arte ao recibir unhas leccións de debuxo. Co paso do tempo declarou que maila recibir por parte dos seus pais unha educación orientada a estudar enxeñaría ou ensinanza, eles compromentéronse a apoialo no estudo de arquitectura, sendo este menos arriscado que os estudos puramente artísticos.
Cando Nouvel suspendeu o exame de entrada na École des Beaux-Arts de Burdeos, mudouse a París onde gañou o primeiro premio para estudar na École nationale supérieure des Beaux-Arts. Dende o 1967 até o 1970, finánciase como asistente dos arquitectos Claude Parent e Paul Virilio, o cal tan só un ano despois, faino project manager ao cargo da construcción dun gran bloque de apartamentos.
Caosuse coa directora Odile Fillion coa que tivo dous fillos, Bertrand, doutor en informática e traballando na actualidade na Universidade de Chiba (Xapón), e Pierre, productor e deseñador teatral da súa propria compañía chamada Factoid. Coa súa segunda dona, Catherine Richard, tivo unha filla, Sarah. Agora vive con Mia Hagg, unha arquitecta sueca afincada en París.
[editar] Carreira
Á idade de 25, remata na escola de arquitectura e crea a súa propria sociedade xunto con François Seigneur. Parent encárgalles traballos e dalle a Nouvel a valiosa recomendación da dirección da séptima edición da Bienal de París, onde por quince anos, Nouvel deseñou exibicións e participou en debates intelectuais sobre arquitectura en Francia. Cofundou o movemento Mars 1976 e, un ano despois, o Syndicat de l'Architecture. Foi tamén un dos organizadores da competición pola renovación do distrito de Les Halles de París e o fundador da primeira bienal de arquitectura de París no 1980.
No 1981, gañou o concurso do edificio Institut du monde arabe en París, cuxa contrucción rematara no 1987 dándolle fama internacional ao novo arquitecto. Lentes mecánicas fotoeléctricas, reminiscencia da decoración desfragmentada árabe, na fachada sur controlan o nivel de luz abréndose e pechándose automaticamente, respondendo aos diferentes niveis exteriores de luminosidade.
Nouvel tivo tres diferentes compañeiros dende o 1972 e 1984: Gilbert Lezenes, Jean-François Guyot, e Pierre Soria. No 1985 xunto cos seus arquitectos junior Emmanuel Blamont, Jean-Marc Ibos and Mirto Vitart, fundou Jean Nouvel et Associés. Despois, con Emmanuel Gattani, creou JNEC no 1988. Ateliers Jean Nouvel, onde traballa actualmente, creouse no 1994 con Michel Pélissié, sendo un dos estudios máis grandes de Francia, con máis de 140 persoas nas oficinas centrais de París. Tamén teñen oficinas en Londres, Copenague, Nova York, Roma, Madrid e Barcelona. A firma traballa en 40 proxectos activos en trece países aoredor do mundo. Nouvel deseñou tamén o frasco dunha fragancia para home da firma Yves Saint Laurent para unha edición limitada no 2008.
[editar] Ligazóns externas
- Páxina Web oficial de Jean Nouvel
- Jean Nouvel en architectour.net
- Biografía e traballos de Jean Nouvel
Gañadores do Premio Pritzker | ||
---|---|---|
|