See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Montenegro - Црна Гора - Wikipedia

Montenegro - Црна Гора

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Република Црна Гора
República de Montenegro
Bandeira de Montenegro Escudo do Montenegro
Lema: Non ten
Lingua oficial Serbio
Capital Podgóritsa
Presidente Filip Vujanović
Primeiro ministro Milo Đukanović
Área
- Total
- % auga
161º maior
13.812 km²
n/d
Poboación


- Total (2003)
- Densidade

159º máis poboado


616.258
44,6 h/km²;

Independencia 3 de xuño de 2006, de Serbia e Montenegro
Moeda Euro
Fuso horario UTC +1
Himno nacional Oj, svijetla majska zoro
TLD (Internet) .cg.yu
Código telefónico 381


Montenegro (en serbio, Crna Gora/Црна Гора) é unha pequena república montañosa situada nos Balcáns, na costa do mar Adriático. Dende o 4 de febreiro de 2003 estableceuse como uns dos estados miembros da Federación de Serbia e Montenegro, pero no 21 de maio de 2006, nun plebiscito, o 55,5% da poboación votou pola independencia de Montenegro. O 3 de xuño proclamouse oficialmente a independencia en Podgóritsa.

Esta pequena nación ten unha superficie de 13.812 km² e 616.258 habitantes segundo o seu último censo no 2003, dos cales preto de 139.100 viven na capital, ubicada na cidade de Podgóritsa.

O 10 de setembro de 2006 celebráronse as primeiras eleccións logo da súa independencia. Nelas o primeiro ministro montenegrino cando a secesión, Milo Xucánovich, resultou vencedor cunha maioría no parlamento abonda para gobernar.

Índice

[editar] Historia

Ver artigo principal: Historia de Montenegro.

O actual territorio de Montenegro estivo habitado durante séculos por diversas tribos eslavas, mesturadas con ávaros, ilirios e romanos produto do dominio destes pobos sobre a rexión, tribos que durante o século X formaron un principado chamado Duklja, cuxa independencia foi recoñecida polo Papa Gregorio VII en 1077 pero mantivose como tributario do Imperio Bizantino. En 1186 foi conquistada por Stefan Nemanja, Gran Príncipe do reino serbio de Rascia

Rei Nikola I
Rei Nikola I

Baixo a influencia directa de Serbia, formouse o Principado de Zeta e produciuse a conversión da poboación á Igrexa Ortodoxa. En 1356, Zeta logrou a súa independencia de Rascia, enfrontando ao longo do século XV invasións do Imperio Otomán que conquistou gran parte do principado, aínda que non logrou sometelo na súa totalidade. En 1516, baixo a influencia de Venecia formouse o Principado de Montenegro, un estado teocrático liderado polo príncipe-bispo de Cetinje ou vladika. En 1852, o vladika Danilo II converteu ao país nun estado secular tomando o título de knjaz (príncipe).

En 1860 asumiu como príncipe Nikola I, o cal declarou a guerra ao Imperio Otomán en 1861. Malia un comezo difícil, Serbia e o Imperio Ruso convertéronse nos seus aliados en 1877 na chamada Guerra Ruso-Turca logrando a vitoria en 1876. Tralo Congreso de Berlín, a independencia de Montenegro quedou asegurada e o seu territorio practicamente duplicouse. En 1910, Montenegro converteuse en reino nun período de prosperidade do país o que se prolongou tralas Guerra dos Balcáns de 1913.

Con todo, en 1914 tralo estalido da Primeira Guerra Mundial, Montenegro se alía con Serbia en contra dos Imperios Centrais, pero o pequeno exército montenegrino réndese finalmente ante o Imperio Austrohúngaro o 25 de xaneiro de 1916. O rei foxe a Burdeos e trala liberación do país, unha asemblea depono e Serbia anexa o reino o 29 de novembro de 1918, antes da formación do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos o 1 de decembro e que se converteu no Reino da Iugoslavia en 1929. Montenegro conformou inicialmente o banovina de Zeta, cuxo territorio foi reducido de xeito importante en 1939 conformando o actual territorio do país.

Escudo de armas da RS de Montenegro (1946-1992)
Escudo de armas da RS de Montenegro (1946-1992)

Co fin da Segunda Guerra Mundial, o Reino de Iugoslavia converteuse na República Federal Socialista de Iugoslavia en 1946. Con este cambio, Montenegro deixou de depender directamente de Serbia obtendo certa autonomía como a República Socialista de Montenegro. Debido ás súas características como a máis pequena das seis repúblicas que conformaban Iugoslavia, Montenegro recibiu grandes aportes do goberno federal volvéndose un estado próspero.

En 1992, a República Socialista Federal desintegrouse, pero Montenegro e Serbia decidiron manterse unidos formando a República Federal de Iugoslavia. O embargo que sufriu a Iugoslavia produto das guerras que enfrontaba á Croacia contra a Bosnia - Hercegovina durante a primeira metade dos anos 1990, afectou notablemente á economía de Montenegro, a que subsistiu debido ao tráfico ilegal.

Con todo, a tensión entre serbios e montenegrinos debido á desigual posición que tiñan ambos grupos na República Federal aumentou cos anos. Como forma de igualar a importancia de ambos estados, en 2002 estableceuse a federación de Serbia e Montenegro. Con todo, diversos grupos comezaron a presionar pola independencia, a cal foi aprobada a través dun plebiscito realizado o 21 de maio de 2006 por un 55,5% dos votantes. Finalmente, o Parlamento de Montenegro proclamou a independencia do estado, o 3 de xuño de 2006. O estado foi recoñecido nos días posteriores por diversos estados do mundo, incluíndo Serbia, o 15 de xuño, e finalmente ingresou como o 192º membro da Organización das Nacións Unidas, o 28 de xuño.

[editar] Xeografía

Mapa de Montenegro
Mapa de Montenegro
Ver artigo principal: Xeografía de Montenegro.

Montenegro é un país pequeno, o oitavo menor de Europa cunha superficie de 13.812 km², que se atopa situado na Península dos Balcáns xunto á costa oriental do mar Adriático. A súa xeografía caracterízase principalmente pola presenza de catro zonas principais: o litoral, as mesetas rocosas, unha depresión e as altas montañas.

As chairas costeiras son estreitas, cun ancho de entre 2 e 10 quilómetros ao longo do accidentado litoral adriático, no que se presentan diversos estuarios e baías, destacando a baía de Kotor, considerado o fiorde máis austral do continente. Estas chairas acaban abruptamente pola presenza das mesetas rocosas de estrutura kárstica, superando os 1.000 metros de altitude en promedio, aínda que existen algúns montes que se achegan aos 2.000 como o monte Orjen e o monte Lovjen.

Lago no Parque Nacional Durmitor
Lago no Parque Nacional Durmitor

Nas zonas interiores atópase a única zona cha do país, destacando a rexión de Zeta e o lago Skadar. Nesta zona, sitúase a maior parte da agricultura e da poboación do país debido ao seu agradable clima temperado e o seu suave relieve. Na zona septentrional sitúase unha das zonas máis abruptas do continente debido á presenza da cadea dos Alpes Dináricos e á erosión glacial producida durante miles de anos. A maioría dos picos superan os 2.000 metros de altitude, cubertos por zonas boscosas escuras. Na zona ademais destaca a orixe de diversos ríos que forman enormes canóns ao longo das cadeas montañosas.

Vista da baía de Kotor
Vista da baía de Kotor

O clima de Montenegro depende directamente das características xeográficas. Así, o clima mediterráneo predomina na zona litoral, o continental é o preponderante no resto do territorio debido ao biombo climático formado polos Alpes Dináricos e que impide o ingreso da influencia marítima ao interior. Os veráns son longos e secos, contrario ao inverno, usualmente húmido e curto. As formacións do relevo permiten o ingreso de ondas de intensa calor ao interior do país, principalmente ás zonas en torno a Podgorica, unha das cidades máis cálidas da Península Balcánica. Doutra banda, nas zonas montañosas o clima alpino existente permite a caída de fortes nevadas cubrindo os principais cumes con neve durante gran parte do ano.

[editar] Demografía

Etnias en Montenegro (2003)
Montenegrinos 267.799 43,16%
Serbios 198.414 31,99%
Bosnios 48.184 7,77%
Albanos 31.163 5,03%
Eslavos musulmáns 24.625 3,97%
Croata 6.811 1,10%
Xitanos 2.826 0,46%
Ver artigo principal: Demografía de Montenegro.

Montenegro ten unha poboación de 616.258 segundo o último censo, realizado o ano 2003, correspondentes a unha densidad poblacional de 44,7 hab/km². A composición étnica do país é, do mesmo xeito que na maioría das antigas repúblicas iugoslavas, complexa e de grande importancia para o desenvolvemento do país. O grupo predominante é o dos montenegrinos, principalmente nas zonas centrais do territorio seguidos polos serbios, situados na zona septentrional do país. Con todo, é difícil determinar unha división clara entre ambas etnias, debido a unha homologación entre elas producida durante os anos de unión entre ambas nacións. Moitos montenegrinos e serbios poden considerarse como membros de ambos grupos étnicos, pero doutra banda existen grupos nacionalistas que reivindicación as súas identidades propias e a diferenciación entre ambas. Algúns outros grupos como bosníacos e albanos sitúanse na zona nororiental e sudoriental, respectivamente.

Vista de Kotor, cidade de 9.000 habitantes
Vista de Kotor, cidade de 9.000 habitantes

O idioma oficial do país é o serbio, logo que en 1992 deixásese atrás a nomenclatura de serbocroata. Con todo, existen grupos que reivindican ao idioma montenegrino como un diferente ao serbio. No último censo, o 63,5% da poboación afirmou ter ao serbio como lingua materna, mentres só o 22% referiuse ao montenegrino.

En canto a relixión, preto do 74% dos habitantes de Montenegro pertencen á Igrexa Ortodoxa Serbia, malia a creación en 1993 da Igrexa ortodoxa montenegrina, que ten escasos seguidores na actualidade. O 17,74% da poboación do país afirma pertencer ao Islam, os cales corresponden principalmente a albaneses, bosníacos e ao grupo de eslavos musulmáns. En tanto, a fe católica é practicada nas zonas costeiras (coma Kotor) polos grupos de etnia croata.

[editar] Cidades Principais

  • Podgorica, a capital do país, con 136.473 habitantes
  • Niksic, 58.212 habitantes.
  • Pljevlja, 21.377 habitantes.
  • Herceg Novi, 16.493 habitantes.
  • Bijelo Polje, 15.883 habitantes.
  • Cetinje, a capital real, con 15.137 habitantes.

[editar] Economía

Ver artigo principal: Economía de Montenegro.

[editar] Goberno e Organización Territorial

Concellos de Montenegro
Concellos de Montenegro
Ver artigo principal: Política de Montenegro.

Montenegro é unha república democrática parlamentaria. A Constitución de Montenegro foi aprobada o 12 de outubro de 1992 e establece o sistema político do país. As reformas constitucionais, en tanto, deben ser aprobadas por plebiscitos.

O xefe de estado é o Presidente de Montenegro, cargo que ostenta na actualidade Filip Vujanovic. O Presidente é electo cada catro anos e ten entre as súas funcións, promulgar leis, convocar a eleccións e plebiscitos e propoñer ao primeiro ministro. O Primeiro Ministro, na actualidade Milo Vukanovic, é o xefe de goberno e baixo o seu cargo está a dirección das relacións exteriores, a implementación das leis e a administración do Estado.

O Parlamento de Montenegro está composto por 77 membros electos cada catro anos, encargados da redacción das leis, aprobación do orzamento gobernamental, ratificación de tratados, a designación do goberno e a elección do primeiro ministro. O Poder Xudicial, en tanto, é autónomo e independente.

O sistema político de Montenegro é multipartidista, pero os diferentes partidos deben formar coalicións. Na actualidade, o principal partido político é o oficialista Partido Democrático dos Socialistas que posúe 30 escanos no Parlamento. O Partido Popular Socialista é o segundo en importancia xurdido dunha escisión do PDS e é o principal membro do pacto opositor Xuntos polo Cambio, con 19 escanos.

Administrativamente, Montenegro divídese en 21 concellos:

  • Andrijevica
  • Bar
  • Berane
  • Bijelo Polje
  • Budva
  • Cetinje
  • Danilovgrad
  • Herceg Novi
  • Kolašin
  • Kotor
  • Mojkovac
  • Nikšić
  • Plav
  • Plužine
  • Pljevlja
  • Podgorica
  • Rožaje
  • Šavnik
  • Tivat
  • Ulcinj
  • Žabljak

[editar] Cultura

Ver artigo principal: Cultura de Montenegro.

Por mor da súa ubicación xeográfica, a cultura de Montenegro moldeouse grazas a diversas influencias o longo da súa historia, sendo as máis importantes as de orixe serbia, ortodoxa, eslava, centroeuropea e adriática.

Existen moitos lugares de grande importancia histórica e cultural en Montenegro, incluíndo sitios dos períodos pre-románico gótico e barroco. A zona costeira de Montenegro é bastante coñecida polos seus diversos monumentos relixiosos católicos, mentres na zona interior a arquitectura e a arte relixiosa reflexa a influencia bizantina.

A danza tradicional é o ouro que consiste en diversos bailarines que conforman un círculo ao abrazarse dos ombreiros mentres un ou dous bailarines en solitario danzan ao centro ao ritmo dos tambores. A literatura en tanto se remonta a máis de dez séculos atrás mentres en 1494 foi establecida a primeira imprenta estatal en Cetinje onde xurdiu o primeiro libro sudeslavo foi impreso: o Oktoih. A isto súmanse diversos manuscritos do século XIII gardados en diversos mosteiros do país.


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -