Fiorde
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fiorde é unha grande entrada do mar envolta de altas montañas rochosas, orixinados pola erosión das montañas debido ao xeo. Os fiordes sitúanse principalmente na costa oeste de península escandinava, onde son un dos elementos xeolóxicos mais emblemáticos da paisaxe.
A súa orixe remonta a aproximadamente 12 mil anos, cando o mar ocupou os espazos que os glaciares escavaran na costa atlántica durante a última Era Glacial. Esas enormes entradas de relevo poden chegar a centenas de quilómetros, desde a costa ao interior. Están circundadas por cantís separados entre si por poucos quilómetros.
Fiordes poden ser encontrados ao longo das costas de:
- Noruega
- Islandia
- Grenlandia
- na costa oeste da Escocia (onde son chamadados por "sea lochs")
- no sudoeste da Nova Celandia
- na costa oeste da Newfoundland
- na Columbia Británica, Canadá
- na costa sur e oeste do Alasca
- no sur do Chile
- na costa do mar Báltico na Alemaña
- en Montenegro (Kotor)
[editar] Etimoloxía
Préstamo procedente do noruegués fjord, á súa vez evolución do Protoescandinavo *ferþuz, cunha orixe indoeuropea común a outras palabras europeas como o inglés ford, o grego poros e o latin portus.