See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Austria - Österreich - Wikipedia

Austria - Österreich

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Republik Österreich
República de Austria
Bandeira de Austria - Österreich Escudo de Austria - Österreich
Bandeira Escudo
Lema: Non ten
Himno nacional: Land der Berge, Land am Strome
 
 
Capital
 • Poboación
Viena
1.517.707 (2004)
Cidade máis poboada Viena
Lingua oficial n/d
Forma de goberno República federal democrática
Presidente da República
Canciller de Austria

Heinz Fischer
Alfred Gusenbauer
Independencia
 • Data
Dos aliados
27 de xullo de 1955
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 112º
83.871 km2
1,3
2.558 km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 86º
8.206.524 (2005)
97 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 26º
US$ 321.934 millóns
US$ 38.961 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 35º
US$ 297.727 millóns
US$ 36.031 (2006)
IDH n/d
Moeda Euro (€, [[ISO 4217|EUR 2]])
Xentilicio Austriaco, austriaca
Fuso horario CEST (UTC+1)
Dominio de Internet .at
Prefixo telefónico +43
Prefixo radiofónico OEA-OEZ
Código ISO 040 / AUT / AT

1 Son cooficiais o esloveno en Carintia e o croata e o húngaro en Burgenland
2 Antes de 2002, o chelín austriaco.

Tódolos países do mundo

Austria é un país montañoso da Europa Central, limitado a norte e oeste con Alemaña; ao norte con Chequia, a leste con Eslovaquia e Hungría, a sur con Eslovenia e Italia e ao oeste por Suíza e Liechtenstein. Austria é membro da Unión Europea. A lingua nacional é o alemán.

Índice

[editar] Historia

[editar] Prehistoria e Idade media

Escudo de armas do Emperador de Habsburgo
Escudo de armas do Emperador de Habsburgo

Colonizada xa dende tempos prehistóricos, as terras centroeuropeas que hoxe son coñecidas como Austria foron habitadas por tribos prerromanas, incluíndo os celtas. Despois da caída do Imperio Romano, do cal a maior parte de Austria foi parte (todo o territorio baixo o Danubio), a área foi invadida por bávaros, eslavos e avaros. Carlomagno conquistou o territorio no ano 788 e promoviu a colonización e a cristianización da zona. Como parte do leste de Francia, as áreas do centro da actual Austria pertencían á casa dos Babenberg. O territorio era coñecido como marchia orientalis e fora dado a Leopoldo de Babenberg en 976.

O primeiro documento que amosa o nome de Austria data do ano 996 onde está escrito Ostarrîchi, referíndose o territorio dos Babenberg. O termo Ostmark parece ser unha tradución do termo marchia orientalis.

Os séculos seguintes caracterizáronse pola colonización do país. En 1156 o Privilegium Minus elevou a Austria ó status de ducado. No ano 1192, os Babenbergs engadironlle o ducado de Estiria.

Co asasinato de Federico II en 1246, a linaxe dos Babenbergers desaparece. Otakar III de Bohemia queda co control dos ducados de Austria, Estiria e Carintia trala súa morte. O seu reinado veuse a baixo coa perda da batalla de Dürnkrut da man de Rudolfo de Habsburgo en 1278. A partires dese momento, ata a Primeira Guerra Mundial, a historia de Austria pasará polas mans dos Habsburgo.

[editar] Ascenso de Austria a potencia mundial

No século XIV e XV , os Habsburgo comezan a amplia-las terras do condado de Austria. No ano 1438, o Duque Alberte V de Austria foi elixido como herdeiro do seu padrastro, o Emperador Sexismundo. Aínda que Alberte só reinou durante un ano , el sería a única excepción nunha longa dinastía de Habsburgos.

Os Habsburgo comenzaron a expandi-las súas terras máis aló do seu condado. En 1477, o Arquiduque Maximiliano, fillo único do Emperador Federico III, casa coa herdeira de Borgoña, adquirindo así a maioría das terras dos Países Baixos. O seu fillo Filipe I de Castela alcumado ¨o fermoso¨ faría crecer as terras da familía ó casar con Xoana de Castela alcumada ¨a tola¨ engadindo ó condado as terras de España e as súas dependencias en Italia, África e no novo mundo.

En 1526, trala Batalla de Mohács, Austria expandiu as súas dependencias, engadindo ó seu reino Bohemia e a parte de Hungría non ocupada polos otomanos. A expansión dos Habsburgo nas terras húngaras, tivo como consecuencia , a chamada a ¨Longa guerra¨ que durou dende 1593 a 1606.

[editar] Austria como potencia mundial

Ver artigo principal: Congreso de Viena., Ausgleich e Imperio Austrohúngaro
O congreso de Viena por Jean-Baptiste Isabey, 1819.
O congreso de Viena por Jean-Baptiste Isabey, 1819.

O longo reinado de Leopoldo I (1657-1705) viu a fin do conflito entre Austria e o Imperio Otomano. Trala batalla de Viena en 1683 e tras unha serie de camañas, asínase o Tratado de Carlowitz, polo que se incorpora en 1699 o territorio húngaro ó territorio austríaco.

Ó final do reinado de Carlos VI (1711-1740) viu como perigaba o futuro de Austria, debido ós recelos de Carlos pola inminente desaparición da casa dos Habsburgo ó non ter herdeiros varóns. Carlos estaba disposto a ofrecer todo tipo de ventaxes para poder publicar unha pragmática sanción que fixera á súa filla María Teresa a súa herdeira.

A Guerra de Sucesión Austríaca (1740 - 1748) chegou a ser inevitable despois de que María Teresa de Austria sucedera en 1740 ó seu pai Carlos VI nos seus dominios converténdose en raíña de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, duquesa de Parma, de Piacenza, e de Guastalla. Que unha muller herdara tan extensos territorios, na súa época, implicou moitas complicacións e o emperador Carlos VI anticipounas de longo, conseguindo aprobar a Pragmática Sanción de 1713. O plan estaba en ser ela elixida para os dominios hereditarios dos Habsburgo e e o seu marido, Francisco I, duque de Lorena, ser elixido emperador.

A finais do século XVIII Austria enfrontouse á Francia revolucionaria , conflito que finalizou no ano 1797 coa derrota de Austria. A derrota contra Napoleón significou a fin do Sacro Imperio Romano Xermánico en 1806. Dous anos antes da fin do reino, en 1804 o Imperio de Austria fora fundado, transformándose en 1867 na monarquía dúal do Imperio Austrohúngaro. A pesares diso, en 1814 Austria formou parte das forzas aliadas invandindo Francia e conquistándoa. Tralas guerras contra Napoleón Austria emerxeu do Congreso de Viena en 1815 como unha das tres potencias dominantes de Europa (xunto con Rusia e Prusia).

O Ausgleich de 1867 proviu ó Imperio de Austria e ó Reino de Hungría dunha dobre soberanía, baixo o mandato de Francisco Xosé I, quen gobernou ambolos dous reinos ata a súa morte o 21 de novembro de 1916. O reinado do Imperio Austrohúngaro, o que incluía terras alemás, checas, romanesas, serbias, entre outras, comezou a facerse máis e máis dificil cos agromos dos sentimentos nacionalistas.

[editar] Austria na Primeira Guerra Mundial

O asasinato do Arquiduque Francisco Xosé, por un radical Serbio na cidade de Saraievo, fixo que en 1914 estourase a Primeira Guerra Mundial e a desintegración do Imperio Austrohúngaro. Durante a guerra, Austriahungría foi unha das Potencias Centrais xunto con Alemaña, Bulgaria, e Turquía, a guerra acabou deixando ó país nun caos político e económico. Austria, unha vez separada de Hungría, convertíase nunha república en 1918. (Vexa Tratado de Saint-Germain.)

Entre 1918 e 1919 Austria foi coñecida co nome de Austria alemá (Republik Deutschösterreich). Despois de que os Aliados da Segunda Guerra Mundial prohibiran a unión de Alemaña con Austria, prohibíndolle tamén o nome, sendo coñecida dende aqueña co nome de República de Austria.

A monarquía disolveuse en 1919, sendo declarada a democracia parlamentaria e maila constitución o 10 de novembro de 1920.

[editar] Austrofascismo e o Terceiro Reich

Esta república democrática, a primeira República Austríaca, durou ata 1933 cando o chanceler Engelbert Dollfuss estableceu un réxime autocrático orientado ó fascismo italiano (Austrofascismo) o chanceler Engelbert Dollfuss, foi asasinado polos Nazismo o 25 de xullo de 1934. Kurt Schuschnigg, o seu sucesor, tratou de manter ó estado independente, pero o 12 de marzo de 1938, as tropas alemás ocuparon o país, e Hitler proclamou o seu Anschluss con Alemaña, uníndoo ó Terceiro Reich.

Depois da Segunda Guerra Mundial, os Estados Unidos e o Reino Unido declararon a nova liberdade de Austria. Tras concluír o seu tratado coa Unión Soviética e os outros poderes ocupantes, Austria recuperou a súa independencia de novo o 15 de maio de 1955. A segunda República Austríaca, establecida o 19 de decembro de 1945, e baseada na constirución de 1920 (modificada no 1929), foi declarada polo parlamento federal como permanentemente neutral.

[editar] Historia recente

Austria convertiuse nun estado membro da Unión Europea en 1995, conservando a súa estricta constitución nenutral e coa prohibición de tropas estranxeiras no seu territorio.

[editar] Política

Parlamento austríaco en Viena
Parlamento austríaco en Viena
Imaxe do chanceler austríaco Alfred Gusenbauer
Imaxe do chanceler austríaco Alfred Gusenbauer

Austria é unha república federal e democrática gobernada segundo unha constitución que data de 1920, aínda que foi modificada máis tarde.

O poder executivo é exercido polo presidente, que é elixido por sufraxio universal cada seis anos, e polo Consello de Ministros que dirixe un chanceler, designado polo presidente para un periodo non superior a catro anos.

O parlamento é bicameral, composto por:

  • Consello Nacional (Nationalrat), con 183 membros, e
  • Consello Federal (Bundesrat), con 64 membros.

Principais partidos:

  • Partido Socialdemócrata de Austria (SPÖ),
  • Partido Popular Austríaco (ÖVP),
  • Os Verdes - Alternativa Verde (Die Grünen),
  • Partido Liberal Austríaco (FPÖ)
  • Liga polo Futuro de Austria (BZÖ)
  • Foro Liberal (LIF)
  • Partido Comunista de Austria (KPÖ)
  • A Lista Hans-Peter Martin (HPM)

[editar] Divisións administrativas

Como república federal, Austria está subdividida en nove estados (Bundesländer en Alemán). Cadanseu estado está dividido en distritos (Bezirke) e cidades (Statutarstädte). Os distritos están divididos en municipios (Gemeinden). As cidades teñen as competencias dos estatutos de municipio e distrito. Os estados non constitúen divisións meramente administrativas; dispoñen de autoridade lexislativa autonoma en relación ó goberno federal.

Estados de Austria
En galego En alemán
Estado Capital Bundesland Landeshauptstadt
1 Burgenland Eisenstadt Burgenland Eisenstadt
2 Carintia Klagenfurt Kärnten Klagenfurt
3 Baixa Austria St. Pölten Niederösterreich St. Pölten
4 Alta Austria Linz Oberösterreich Linz
5 Salzburgo Salzburgo Salzburg Salzburg
6 Estiria Graz Steiermark Graz
7 Tirol Innsbruck Tirol Innsbruck
8 Vorarlberg Bregenz Vorarlberg Bregenz
9 Viena Viena Wien Wien

[editar] Xeografía

Vexa: Xeografía de Austria

Mapa de Austria
Mapa de Austria

A maior parte do territorio de Austria está dentro da sección oriental dos Alpes que acadan alturas de máis de 3.000 m. o que fai do país un destino importante para os practicantes de deportes de inverno. A montaña máis elevada é o Grossglockner, con 3.798 metros sobre o nivel do mar. A poboación se concentra nos vales dos ríos entre os que destaca o máis importante, o Danubio, que entra en Austria por Passau, na fronteira con Alemaña; pasando por Linz e Viena, ata Bratislava, na fronteira con Eslovaquia. En Alemaña recibe o Inn, que pasa por Innsbruck, co seu afluínte o Salzach, que pasa por Salzburgo.

O lago Constanza é o máis grande do país e forma a fronteira oeste con Liechtenstein e Suiza.

O clima austríaco é temperado e se caracteriza polos seus invernos fríos e veráns frescos.

[editar] Economía

Vexa: Economía de Austria

Austria se convertiu en socio da Unión europea en 1995

Austria posúe unha desenrolada economía social de mercado e un alto nivel de vida. Ata a década de 1980 moitas das grandes firmas austríacas foron nacionalizadas , esta tendencia virou nas últimas décadas coa chegada das privatizacións, axustándose así á media europea. Os movementos laborais son particularmente fortes en Austria e teñen unha grande influencia nas políticas de traballo.

Alemaña é dende tempos históricos, o maior socio comercial de Austria, facendo que a economía austríaca sexa vulnerable ós cambios da economía alemá. Dende que Austria se convertiu en membro da Unión Europea o país viu reforzado as súas relacións económicas con outros países membros , reducindo a súa dependencia da economía alemá. Ademais , a estratéxica situación xeográfica de Austria preto dos países aspirantes á unión europea fixo que moitos inversores estranxeiros, atraídos polas economías emerxentes invertisen no país. As estimacións de crecemento do país para o 2006 (sobre un 3%) son moito máis favorables que as da economía veciñá alemá.

A moeda oficial de Austria é o Euro.

[editar] Demografía

Composición étnica de Austria
austríacos
  
92%
eslovenos, húngaros, checos, eslovacos e croatas
  
4%
turcos
  
1.6%
outros
  
2.4%


Os austríacos son un grupo homoxéneo, aínda que nás últimas décadas, a forte inmigración a Austria está a cambiar a composición étnica do país.

Segundo o censo do 2001, o 88.6% da poboación son falantes nativos de alemán (96% Bávaro e 4% Alemánico) mentres que o 11.4% restante fala diferentes linguas minoritarias. Os falantes non alemáns de Austria pódense dividir en dous grupos: as minorías tradicionais, relacionados cos antigos territorios do Imperio dos Habsburgo, e as novas minorías, resultantes da nova inmigración.

[editar] Cultura

Austria foi a terra natal de varios compositores famosos, como Wolfgang Amadeus Mozart, Johann Strauss (pai e fillo), Arnold Schoenberg, Anton Webern, Alban Berg. Outros austríacos famosos foron os físicos Ludwig Boltzmann e Erwin Schrödinger, os filósofos Ludwig Wittgenstein e Kurt Gödel, o psicoanalista Sigmund Freud, o poeta Peter Rosegger, e o pintor Gustav Klimt.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


[editar] Ligazóns externas


Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007:
Bulgaria | Romanía
Países candidatos:
Croacia | Macedonia | Turquía


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -