See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lingua eslovena - Wikipedia

Lingua eslovena

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Esloveno (Slovenščina)
Falado en: Eslovenia
Total de falantes: 2,2 millóns
Clasificación xenética: Indoeuropea
 Balto-eslava
  Eslava
   Eslava do sur
    Eslava occidental
     Esloveno
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Eslovenia
Unión Europea
Regulado por: Academia Eslovena de Ciencias e Artes
Códigos de lingua
ISO 639-1: sl
ISO 639-2: slv
ISO/DIS 639-3: slv
SIL: SLV

O esloveno é unha lingua eslava meridional falada principalmente na República de Eslovenia, así como en zonas adxacentes de Italia, Austria e Hungría nas que viven minorías históricas de eslovenos.

Índice

[editar] Clasificación

O esloveno (slovenščina, slovenski jezik) pertence á rama de linguas eslavas da familia indoeuropea. Dentro da rama eslava, atópase no grupo de linguas eslavas do sur ou meridionais, e dentro destas, no subgrupo occidental.

[editar] Distribución xeográfica

É falado na República de Eslovenia e en zonas adxacentes de Italia (Trieste), Austria (Carintia) Croacia e Hungría.

[editar] Status oficial

O esloveno é o idioma oficial da República de Eslovenia.

[editar] Historia

Os asentamentos eslovenos máis antigos na rexión actual datan do século VI. No principio a lingua eslovena compartiu o seu desenvolvemento cos dialectos kajkaviano e cakaviano, ambos serbocroatas, mais do século XII en diante os eslovenos estiveron controlados politicamente por países falantes de romance e sobre todo de xermánico, o que fixo que o uso do esloveno se restrinxise a formas dialectais bastante localizadas, resultando nun bilingüismo extensivo mais esporádico. Existen poucos textos do período anterior á Reforma, de entre eles os Fragmentos Freisin (arredor do ano 1000) son notábeis.

No século XVI a lingua eslovena se desenvolve grazas a obra de Trubar, Dalmatin, Krelj, Bohoric e outros, sendo impresos uns 50 libros entre 1550 e 1598. A Contrarreforma detivo a expansión e codificación da lingua escrita, mais no século XIX implantáronse formas literarias que foron adoptadas polos intelectuais eslovenos.

No século XX, os planificadores da lingua tiveron de enfrontar varios problemas, incluíndo o bilingüismo, a heteroxeneidade das variantes dialectais e o contraste entre as aproximacións teóricas e as consideracións prácticas. Froito desa complexidade é a coexistencia de dous sistemas fonolóxicos autorizados: un con distincións tonais e outro sen distincións tonais; o primeiro é típico en determinados dialectos e o segundo noutros.

[editar] Datos

O esloveno literario normativo é a lingua oficial da Eslovenia, sendo a lingua nativa de cerca de 2,2 millóns de persoas nese país e rexións fronteirizas da Italia, Austria e Hungría. Hai cerca de 400.000 falantes en comunidades emigradas na Arxentina, Canadá, Croacia, Estados Unidos, Serbia e Montenegro. A palabra "esloveno" (slovenščina) úsase para definir a lingua desde o principio do século XIX.

[editar] Dialectos

O esloveno salienta de entre as linguas eslavas pola heteroxeneidade dos seus dialectos, especialmente considerando ao tamaño reducido da rexión de fala eslovena. Esta diversidade chega ata unha falta de intelixibilidade mutua entre algúns dialectos. Algúns estudosos falan de 36 e ata 46 dialectos e subdialectos. Os rincipais dialectos son:

  • Carintio, no extremo norte da Eslovenia, sur da Austria, pequena rexión no nordeste da Italia.
  • Litoral, oeste da Eslovenia, rexión fronteiriza da Italia coa Eslovenia, incluíndo Trieste.
  • Rovtarsko, rexión central da Eslovenia.
  • Alto Carniolo, rexión centro-norte da Eslovenia, incluíndo a capital Ljubiljana.
  • Carniolo interior, rexión suroeste da Eslovenia, próxima ao golfo de Veneza.
  • Baixo Carniolo, rexión sueste da Eslovenia.
  • Kocevje, rexión de Kocevje, no sueste da Eslovenia.
  • Estirio, rexión nordeste da Eslovenia.
  • Estirio-Panonio, extremo nordeste da Eslovenia, rexións fronteirizas de Austria e Hungría.

[editar] Escrita

O esloveno utiliza o alfabeto latino, con excepción das letras Q, X, W e Y, que se usan soamente para grafar nomes e fórmulas estranxeiras, e incrementado coas letras Č, Š e Ž.

[editar] Gramática

A lingua eslovena posúe tres xéneros: masculino, feminino e neutro; e tres números: singular, plural e dual, sendo este último restrinxido a pronomes, adxectivos e verbos.

Os números 1 e 2 posúen xeneros: 1 ed/en (masc.), ena (fen.); 2 dva (masc.), dve (fen./neutro); 3 a 10: tri, štiri, pet, šest, seden, osen, devet, deset; 11 enajst, 12 dvanajst, 13 trinajst, 20 dvajset, 30 trideset, 40 štirideset, 100 sto.

Os pronomes persoais son:

  • Singular 1ª pers. jaz, 2ª pers. ti, 3ª pers. on/ona/ono
  • Dual 1ª pers. midva, 2ª pers. vidva, 3ª pers. onadva
  • Plural 1ª pers. mi, 2ª pers. vi, 3ª pers. oni/one/ona

A orde da frase é suxeito, verbo e obxecto.

[editar] Ligazóns externas


Linguas oficiais da Unión Europea
Búlgaro | Checo | Dinamarqués | Neerlandés | Inglés | Estoniano | Finés | Francés
Alemán | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón | Lituano | Maltés
Polaco | Portugués | Romanés | Eslovaco | Esloveno | Castelán | Sueco
Fonte: Sitio da Unión Europea


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -