Lingua neerlandesa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Neerlandés (Nederlands, Hollands, Vlaams) | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Holandés | |
Falado en: | Países Baixos, Bélxica, Francia, Alemaña, Surinam, Antillas Holandesas, Aruba, Indonesia, África do Sur | |
Total de falantes: | 30/44 million (Neerlandés: 23/27 mill., Afrikaans: 7/17 mill. | |
Posición: | 40 | |
Clasificación xenética: | Indoeuropeo Xermánica Xermánica occidental Saxónica baixa Franconia baixa Neerlandés |
|
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Aruba Antillas Neerlandesas Bélxica Países Baixos Surinam Unión Europea |
|
Regulado por: | Nederlandse Taaluníe | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | nl | |
ISO 639-2: | dut | |
ISO/DIS 639-3: | nld | |
SIL: | DUT | |
|
O neerlandés é unha lingua de orixe xermánica. Forma parte do grupo xermánico occidental, e está próxima ao baixo alemán e ao frisón. Fálano aproximadamente uns 24 millóns de persoas no mundo, fundamentalmente nos Países Baixos e en Bélxica.
O neerlandés é idioma oficial nos Países Baixos, así como en Bélxica, nas dependencias neerlandesas do alenmar (Antillas Neerlandesas e Aruba), e na antiga colonia neerlandesa de Surinam.
Ademais, unhas 60.000 persoas fálano no noroeste de Francia, na zona fronteiriza con Bélxica. Tamén se fala reducidamente nalgunhas partes de Indonesia, onde fora a lingua da administración pública colonial neerlandesa.
Índice |
[editar] Estandarización
A norma culta denomínase AN (Algemeen Nederlands ou "neerlandés xeral"), termo considerado menos elitista ca ABN (Algemeen Beschaafd Nederlands ou "neerlandés xeral culto"), utilizado antigamente. A Unión da Lingua Neerlandesa (Nederlandse Taalunie) encárgase de fixar a norma.
O neerlandés pódese aprender en máis de 250 universidades de todo o mundo, pero non en Galiza.
[editar] Dialectoloxía
Os grupos dialectais principais do neerlandés son cinco: o flamengo, o holandés, o baixo saxón, o brabantés e o limburgués. Os falares flamengos son os propios da parte sudoccidental dos Países Baixos e do oeste de Bélxica, así como da zona neerlandófona de Franza. Ás veces, dende unha perspectiva histórica, denóminase flamengo o neerlandés de Bélxica, independentemente de que este sexa lingüisticamente flamengo, brabantés ou limburgués.
[editar] Linguas relacionadas
O africán ou afrikaans é unha das linguas oficiais na República de Sudáfrica e ten unha importante base lingüística neerlandesa, ata o punto de que historicamente foi considerado un dialecto do neerlandés.
O papiamento é unha lingua crioula das Antillas Neerlandesas que integra termos españois, portugueses e neerlandeses.
[editar] Ligazóns externas
- Como aprender neerlandés. Inclúe información sobre as universidades da Península Ibérica que ofertan neerlandés
- A Unión da Lingua Neerlandesa.
Linguas oficiais da Unión Europea | ||
---|---|---|
Búlgaro | Checo | Dinamarqués | Neerlandés | Inglés | Estoniano | Finés | Francés Alemán | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón | Lituano | Maltés Polaco | Portugués | Romanés | Eslovaco | Esloveno | Castelán | Sueco |
||
Fonte: Sitio da Unión Europea |