Jules Verne
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jules Gabriel Verne (Nantes 1828 – Amiens 1905) foi un escritor francés, pioneiro da literatura de ciencia ficción.
[editar] Biografía
Verne naceu en Nantes no seo dunha familia burguesa, era o máis vello dos cinco fillos do matrimonio formado por Pierre Verne, avogado e Sophie. Viviu os seus primeiros anos nunha illa no río Loire, vivir nun sitio illado axudouno a desenvolver a súa imaxinación e manter unha forte relación co seu irmán máis novo, Paul. Aos nove anos, foi co seu irmán ao liceo de Nantes. Logo de rematar os seus estudos no liceo, Verne marchou a París para estudar dereito. Arredor de 1848 en colaboración con Michel Carre, comeza a escribir libretos para operetas. Durante algúns anos dedicouse a escribir obras para o teatro, sen moito éxito e só consegue estrear 7 das 24 que escribiu, e tamén escribiu historias de viaxes para a revista Musée des Familles, nos que narra extravantes viaxes e aventuras nos que achega detalles científicos e xeográficos para darlle verisimilitude.
Cando o pai de Verne descubriu que o seu fillo dedicábase a escribir e non a estudar, deixou de enviarlle cartos, polo que se viu obrigado a vivir como corredor de bolsa, que odiaba, aínda que tivo un certo éxito na súa actividade. Nestes anos coñeceu a Alexandre Dumas e Victor Hugo, que lle deron algúns consellos de como escribir.
En 1857 casou con Honorine de Viane Morel, unha viúva con dúas fillas, e co seu apoio continuou a escribir, aínda que editores rexeitaron escrito tras escrito. En 1861 naceu o seu fillo Michel Jean Pierre Verne.
En 1863 a súa situación mellorou cando coñeceu a Pierre-Jules Hetzel, un dos máis importantes editores franceses do século XIX, coa axuda de Hetzel, Verne reescribiu a historia sobre unha exploración en globo en África e publicouno como Cinq semaines en ballon, modificando o tono pesimista cara outro caracterizado polo optimismo.
Verne converteuse en millonario e famoso. Antes de aparecer como libro as súas novelas apararecían por entregas na revista de Hetzel, Magazine d'Éducation et de Récréation. Entre as súas novelas máis coñecidas están Voyage au centre de la terre (1864), De la terre à la lune (1865), Vingt Mille Lieues sous les mers.
En 1886 recibe un disparo nunha perna do seu sobriño Gaston, o que o deixa semiinválido. En 1887 tras a morte de Hetzel, Verne comezou a escribir obras máis escuras. En 1888 saiu elixido concelleiro de Amiens por unha lista radical, permanecendo durante 15 anos no posto. Entusiasta do esperanto, en 1903 presidiu o grupo esperantista da súa cidade.
[editar] Obras
- 1859 : Voyage à reculons en Angleterre et en Écosse
- 1862 : Le Comte de Chanteleine
- 1862 : Cinq semaines en ballon
- 1860 : Paris au XXe siècle
- 1864-67 : Les Aventures du capitaine Hatteras
- 1864 : Viaxe ó centro da terra
- 1865 : Da terra a lúa
- 1866-68 : Les Enfants du capitaine Grant
- 1869 : Vinte mil leguas baixo dos mares
- 1869 : Autour de la Lune
- 1869 : Une ville flottante
- 1870 : L'Oncle Robinson
- 1870-74 : Le Chancellor
- 1870 : Aventures de trois Russes et de trois Anglais dans l'Afrique autrale
- 1871-72 : Le pays des fourrures
- 1872 : A volta ó mundo en 80 días
- 1873-75 : L'Île mystérieuse
- 1874-75 : Michel Strogoff
- 1874-76 : Hector Servadac
- 1876-77 : Les Indes noires
- 1877-78 : Un capitaine de quinze ans
- 1878 : Les Tribulations d'un chinois en Chine
- 1878 : Les Cinq Cents Millions de la Bégum
- 1879 : La Maison à vapeur
- 1880 : La Jangada
- 1881 : L'École des Robinsons
- 1881 : Le Rayon vert
- 1882 : Kéraban-le-Têtu
- 1883 : Archipel en feu
- 1883 : L'Étoile du sud
- 1883-84 : Mathias Sandorf
- 1884 : L'Épave du «Cynthia»
- 1885 : Robur le conquérant
- 1885 : Un billet de loterie
- 1885-86 : Nord contre Sud
- 1885 : Le Chemin de France
- 1886-87 : Deux ans de vacances
- 1887-88 : Famille-sans-nom
- 1888 : Sans dessus dessous
- 1889 : Le château des Carpathes
- 1889 : César Cascabel
- 1890 : Mistress Branican
- 1891 : Claudius Bombarnac
- 1891 : P'tit-Bonhomme
- 1892 : Mirifiques Aventures de Maître Antifer
- 1893 : L'Île à hélice
- 1893 : Un drame en Livonie
- 1894 : Le Superbe Orénoque
- 1894 : Face au drapeau
- 1895 : Clovis Dardentor
- 1895 : Le Sphinx des glaces
- 1896 : Le Village aérien
- 1896 : Seconde Patrie
- 1897 : Le Testament d'un excentrique
- 1897-98 : En Magellanie
- 1898 : Le Secret de Wilhelm Storitz
- 1898 : Les Frères Kip
- 1899 : Les Histoires de Jean-Marie Cabidoulin
- 1899 : Bourses de voyage
- 1899-1900 : Le Volcan d'or
- 1901 : Le Beau Danube jaune
- 1901 : Le Phare du bout du monde
- 1901 : La Chasse au météore
- 1902 : L'Invasion de la mer
- 1902-03 : Maître du Monde