1805
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
< Século XVIII | Século XIX | Século XX > | |||||||
01 | 02 | 03 | 04 | 05 | 06 | 07 | 08 | 09 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38 | 39 | 40 |
41 | 42 | 43 | 44 | 45 | 46 | 47 | 48 | 49 | 50 |
51 | 52 | 53 | 54 | 55 | 56 | 57 | 58 | 59 | 60 |
61 | 62 | 63 | 64 | 65 | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 |
71 | 72 | 73 | 74 | 75 | 76 | 77 | 78 | 79 | 80 |
81 | 82 | 83 | 84 | 85 | 86 | 87 | 88 | 89 | 90 |
91 | 92 | 93 | 94 | 95 | 96 | 97 | 98 | 99 | 00 |
Índice |
[editar] Acontecementos
[editar] España
- A industria e o comercio textil catalán sofren un profunda crise causa pola guerra co Reino Unido, o no poder abastece-la demanda regular americana. As manufacturas británicas acaban impoñéndose nas Indias, polo que os produtores españois non poden competir en prezos cos británicos, que logran menores costos de prucción.
- Na cidade de Madrid aprovouse oficialmente unha nova compilación do dereito catelán e dos asuntos acordados polo Consello de Castela, reunida por Juan de la Reguera Valdelomar. Nun principio pensouse nunha posta o día da Nova Recopilación, na liña do suplemento aprobado por Lardizánal (no ano 1786). Pero Juan de la Reguera presentou a refundición total das leis a que se lle deu carácter oficial. Trala aprobación do ano anterior do Código Civil napoleónico, a Novísima Recopilación de Leis efectuada non deixa de parecer unha antigüedade terá criticas polos seus inevitables defectos (leis non incluidas pero que se aplicaban na época, outras derogadas sen acordo de formalización e leis repetidas). Por iso parece haberse perdido a oportunidade de facer algo máis que unha simple compilación de leis e non haber chegado a adopta-la forma moderna do código, máxime cando nesta época poderíase haber feito unha promulgación para toda España do dereito civil castelán sen demasiada contra. Por iso, sinalase a que de un modo ou de outro a Novísima Recopilación de Leis de España non terá unha traxectoria sinxela. A parte da técnica empregada, o aumento que está experimentando a lexislación facía necesaria unha posta o día, pois algunhas disposicións son do Ordenamento de Alcalá e outras correspondentes as citas das Partidas de Afonso X, o Sabio.
- A agricultura española alcanza neste ano unha grande expansión, pero que é insuficiente para cubrilas necesidades dos seus habitantes correctamente. Os aumentos foron logrados grazas os cambios introducidos na agricultura (melloras técnicas e xeralización do cultivo de novas especies de plantas -millo, pataca-), dan novas posibilidades de subsistencia; aunque o crecemento progresivo da poboación tende a compensar, e ata anular estas novas posibilidades. Bon exemplo atopase en Guipúscoa, onde a agricultura alcanza o seu máximo crecemento a primeiras de 1805, pero, segundo as afirmacións de Vargas Ponce, "como fecunda nai dos homes, produce maior número dos que é posible alimentar".
- O escritor Leandro Fernández de Moratín acaba de estrear a súa obra maestra, a comedia "El sí de las niñas". Moratín foi nado en Madrid o 10 de maio de 1760, fillo do tamén escritor Nicolás Fernández de Moratín. Secretario do conde de Cabarrús e protexido de Godoy, viaxou por diversos países de Europa e logo acabou formando parte da Xunta de Teatros; desempeñou o posto de bibliotecario maior de Xosé Bonaparte. Moratín iniciou a carreira na literatura como poeta prerrománico, fruto disto sería "La toma de Granada" publicada no 1787. Pero acadou a celebridade como dramaturgo e máximo representante do neoclásico en España, seguindo os modelos de Molière e Goldoni, a que tivo ocasión de coñecer en París. A súa pezas teatrais (El viejo y la niña, El barón, La mojigata e La comedia nueva o del café) ven, xunto coa publicación deste ano, a norma das tres unidades aristotélicas e describen personaxes da clase media. Traductor de Molière (La escuela de los maridos, El médico a palos) e de Shakespeare (Hamlet), aunque non se amosaba dacordo das súas ideas sobre o arte dramático, escribiu tamén unha sátira en prosa na contra dos poetas culteranos chamada "La derrota de los pedantes". En canto a "El sí de las niñas" estaba inspirada na obra de Rojas Zorrilla (Entre bobos anda el juego". Moratín morreu no ano 1828.
- O prezo daguns produtos de primeira necesidade (trigo, cebada, aceite, etc.) sofren nas rexiones do interior un encarecemento de ata un 320 % con relación o ano 1800. Nalgunhas zonas, coma Extremadura, unha fanega de millo que no 1800 valía 39 reais, no 1805 vale 164. Xa non é so que estes produtos cheguen escasos o mercado, como consecuencia do crecemento da poboación que fai quedar unha maior parte da produción no propio campo, senón que este aumento de prezos tamén incide na pésima rede de comunicacións que conta España ata o momento. Mentres que nas zonas da periferia, nos anos en que a produción propia pasa por un mal momento de colleitas nada boas, tense que acudir as importacións de gran, nas terras do interior, pola contra e a faia de infraestrutura adecuada, xunto coa presenza de acaparadores, non permite este comercio.
- O escritor español Manuel José Quintana publica o seu drama "Pelayo" e a súa oda "Al combate de Trafalgar"; obras nas que, xunto a influencia da ilustración do dezaoito, vese aínda unha preferencia polos aspectos neoclásicos, aunque a súa temática obedece xa máis a cousas humanitarias e políticas, na consonancia coa xeración romántica posterior. Discípulo de Juan Antonio Meléndez Valdés en Salamanca, onde estudiou leis e filosofía; fixo amizade con Jovellanos e Álvarez de Cienfuegos. Manuel José escomenzou a publicar precozmente, unhas das súas primeiras obras sería "Poesías", publicada no 1788 cando tiña 16 anos. Máis tarde escribiu un tratado (Las reglas del drama) no ano 1791, no ano 1795 explaiase no verso e a oda (A la paz entre España y Francia) e, a partires de 1801 comenza a traballa-lo drama (El duque de Viseo). Todo o longo deste derradeiro tempo axudou a impulsa-la revista "Variedades de ciencias, literatura y artes" que fundo, xunto Juan Álvarez Guerra no 1803.
- O 4 de xaneiro España e Francia ratifican o acordo de axuda militar e naval firmado por ambas nacións, para a invasión do Reino Unido. Ata a data, as presións de Napoleón para que España declare a guerra o Reino Unido foron resultando infructuosas, a pesardes das constantes provocacións británicas. O ataque a catro fragatas españolas xunto co apresamento de tres das mesmas fronte as costas portuguesas (coas proximidades do Cabo de Santa María) e outras accións similares, obrigan o goberno español a pedir explicacións satisfactorias o goberno británico. Como non se obtén resposta no decembro de 1804, acabase declarando a guerra, previo manifesto no que se expón a decisión, seguido dunha proclama patriótica firmada por Godoy. Ratificada a alianza franco-española, Napoleón espera poder destrui-lo poderío naval británico grazas a axuda española, e conseguir deste modo o dominio dos mares.
- O 28 de maio na cidade de Madrid morre o compositor e violoncelista italiano, Luigi Boccherini (que nacera o 19 de febreiro de 1743 na cidade de Lucca -Italia-). Instalado en Madrid dende marzo de 1768 logrou entrar no 1770 o servizo do infante Don Luis (irmán de Carlos III) para que escribiu ata 1785 numerosas obras instrumentáis, música de cámara xeralmente. No 1785 (coa morte do infante) entra o servizo da familia Benavente e, comenza a ter acercamento a intelectualidade e a aristocrácia madrileña. Sobre do 1887 recibe o encargo de enviar cada ano a Berlín unha colección de música de cámara para o rei Federico Guillerme II. Soubo captar a perfección dos espíritu da música popular española (un exemplo era os quintetos "El fandango", La música nocturna de Madrid", etc...). Conservanse máis de 500 composicións vocais e instrumentais que se caracterizan polo prerromanticismo temático e a riqueza armónica.
- Un 22 de xullo a flota franco-española dirixida polo francés Villeneuve e mailo español Gravina, é vencida pola británica no Cabo Finisterre (Cabo Fisterra). Unha vez rematada a alianza franco-española, Napoleón ordea conducir a escuadra cara as Antillas coa finalidade de obrigar os británicos a despraza-la súa propia escuadra a aquelas augas. Desta forma podería dirixirse logo, cun movemento envolvente, un ataque o Reino Unido. Pero o plan faia pola indecisión do almirante Villeneuve e pola movilidade da flota británica, o que permite a esta pillar a franco-española na súa viaxe de volta (cando intentaba desbloquea-los portos de Ferrol e de Brest onde estaba paralizada parte da flota francesa), para porteriormente proceder a invasión do Reino Unido, xunto coas tropas que xa estaban preparadas no campamento de Boulogne. Sen embargo a escuadra británica ataca a costa galega. Tras un encontro breve, logran apoderarse de dúas naos españolas e obriga o resto a refuxarse no porto de Vigo; vese así frutrada a pretendida invasión.
- O 21 de outubro a flota británica vence a unha escuadra franco-española fronte o Cabo Trafalgar (entre Cádiz e Tarifa). O almirante británico Horatio Nelson morre a bordo do buque insignia "Victory" coma consecuencia das feridas de combate. É un día negro para a mariña (nunha parte a inglesa, pola morte de Nelson; e por outra a española, pola morte dos almirantes Gravina, Alcedo, Churruca e Alcalá Galiano e, a propia perda da flota). Todolos esforzos de Godoy para poder dotar a España dunha poderosa mariña de guerra, furonse o carallo grazas a alianza cos franceses. Para Francia a derrota ten o significado de non poder invadi-lo Reino Unido, e a implantación definitiva do bloqueo continental, pero aunque se pode loitar por terra. A Batalla de Trafalgar iniciase o mediodía; por un lado, a flota franco-española (dirixida polo francés Villeneuve) que contaba cun total de 33 naos (18 franceses e 15 españois). No outro os británicos con 27 naos, pero de mellor trazado e con dotacións máis preparadas. Desde o principio está todo mal planteado. Villeneuve decide sair de Cádiz, onde está refuxiada a súa flota, facendo caso omiso dos consellos dos almirantes españois, conscientes da súa forza inferior. A pesar de todo a saída faise. As noticias de que vai cara Cádiz o seu sustituto a fronte da flota (xa que Napoleón estaba farto da súa inactividade) póñeno en marcha. A súa forma de presentarse a batalla tampouco é a ideal. Nelson ataca polo centro e a retaguardia, e logra unha rápida desarboladura da flota inimiga, que fai unhas inadecuadas maniobras de xiro. Nun primeiro choque, o "Royal Soverign", buque de Collingwood, e o "Santa Ana", de Álava, quedan case sen goberno. Collingwood é quen asume o mando da flota británica trala morte de Nelson. No momento trascendental da batalla, o francés Dumanoir decide darse a fuxida, con catro naves, o que acaba desencadeando o desastre. O "Bucentaure", de Villeneuve e o "Santísima Trinidade" do xeneral Cisneros, teñen que rendirse; polo que o desastre é completo. So quedan a salvo 5 naos españolas e non precisamente intactas. A maioría das naos apresadas polos británicos acaban destruidas por unha tormenta, que se desata pouco despois da batalla. As baixas son cuantiosas, a flota franco-española perde a uns 2.800 homes (máis de 1.000 deles eran españois), fronte os pouco máis de 400 británicos. Todo iso sen contar os que morrerán nos hospitais e nos naufraxios seguintes o combate. A vitoria naval británica en Trafalgar (no curso da terceira guerra de cualición), fruto do valor e a intuición táctica de Nelson, supón para o Reino Unido o dominio dos océanos, namentres que a mariña española queda declinada completamente. Xa no 1801, grazas a paz de Amiens ponse fin o derradeiro conflito con Reino Unido, pero a paz é inestable; os británicos seguen realizando accions contra o comercio naval. Esto, sumado a unha serie de crises de subsistencias de extrema gravidade entre os anos 1803/04, fai inevitable para España a alineación de novo con Francia na guerra contra o Reino Unido. O que non lograron as presións de Napoleón sobre o goberno español, a esixencias e as ameazas, o logran agora unha serie de ataques británicos a fragatas e buques españois. O 4 de xaneiro de 1805 firmase unha alianza entre España e Francia. Francia necesita o poderío naval español para poder facer fronte os británicos. O plan pretende atrae-la flota británica desde o Mediterráneo ata as Antillas, para logo, nunha rápida acción, dirixirse o Reino Unido e atacalo. Pero a indecisión de Villeneuve falla nos plans de Napoleón. A súa volta é case simultánea a da flota británica e tras ser atacado fronte o Cabo Finisterre e, tras unha breve escalada no porto de Vigo, acaba refuxiandose en Cádiz (coa flota británica bloqueándolle o paso). Agora, España, como sempre foi aliada nos derradeiros tempos a Francia, sae perdendo. Sen flota, cunha situación económica frouxa que lle fai depender de Francia, é obvio que xa non hai a España imperial, e que dificilmente volverá a habela. Por outra, o verse privada de toda a súa flota, España terá dificultades de comunicación con seu imperio sudamericano, onde se fraguarán os plans da independencia.
[editar] Venezuela
- Francisco de Miranda obtén o apoio económico do primeiro ministro británico William Pitt (o Xoven), para emprende-la independencia da súa terra natal (Venezuela). Pouco despois (no mes de novembro), Miranda visita os Estados Unidos e consegue do presidente Jefferson a concesión de ventaxa para a súa expedición, que se iniciará no febreiro de 1806.
[editar] Alemaña
- O 7 de abril presentase por primeira vez na cidade de Viena o público, no Theater Ander Wien a Sinfonía nº 3 (cuxo nome orixinal en intaliano era a "Eroica"), composta entre maio e outubro de 1803 e executada por primeira vez para o principe Lobkowitz no verán de 1804. Admirador de Napoleón Bonaparte, o compositor (Beethoven) escribiu o nome no título primitivo da obra, perante a decepción que lle supuxo a proclamación de Napoleón coma emperador, tachou furioso a adicatoria e a cambiou polo título definitivo (Sinfonía Heroica). A obra resalta o valor ético da acción humana e, grazas o seu primeiro movemento, e unha afirmación única da capacidade discursiva da música. Mostra asimesmo o cambio que se produce co romaticismo na condición do compositor e artista en xeral.
- Tamén na cidade de Viena, no transcurso do 9 de agosto, Austria decide adherise a coalición antifrancesa.
- O 10 de decembro polos acordos de Brünn, os electores de Baden, Baviera e Württemberg son elevados a categoría de reis.
- Un 27 de decembro na cidade de Viena, Napoleón publica un decreto polo que declara que Fernando IV, rei das dúas Sicilias deixou de reinar. Outro decreto que será publicado o 30 de marzo de 1806 outorga a José Bonaparte, o primoxénito do seus irmáns, o reino de Nápoles e o de Sicilia, onde reinará cunha realidade ficticia, xa que Fernando IV refuxase nesta illa baixo a protección dun exército inglés.
[editar] Brasil
- O escultor e arquitecto brasileiro Antonio Francisco Lisboa, coñecido co alcume de Aleijadinho (nado en Lisiadito, o caron da cidade de Ouro Preto o 1730 (segundo outros historiadores puidera ser no 1738) e finado no ano 1814), remata as esculturas destinadas a terraza da igrexa do Bon Xesús de Matosinhos, en Congonhas do Campo, na provincia de Minas Xerais. Nesta igrexa reelaborou xenialmente o modelo da escultura portuguesa contemporánea. As figuras dos doce profetas teñen un especial valor, están dispostas escenograxicamente o longa da escalinata que vaia cara a igrexa. Lisboa foi o máximo expoñente da arquitectura portugués-brasileira que retoma o decorativismo con tendecias o bárroco europeo. Unha enfermidade deformante causoulle a perda dos dedos dos pés e unha parte das mans. Sen embargo o seu entusiasmo non lle fixo deixa-lo traballo e, Francisco Lisboa ideou un sistema que lle permitiu atarse os instrumentos os pulsos. Como tallista viviu a transición do bárroco o rococó, e adoptou este como propio, mostrando unha habilidade moi característica nos aderezos irregulares o gusto francés. Nos muros da San Francisco de Ouro Preto vese un colorido que corre parellas co lirismo bávaro. Na súa faceta de escultor creou unha auténtica escola e nas obras saídas do seu taller pode aprezarse as mans de varios artistas, xa que Lisboa reservabase para a confección de certas obras e o remate final de outras.
[editar] China
- A volta do pensamento ortodoxo a China e o seu repliegue sobre sí mesmo levan a unha ruptura das relacións con Occidente e o cerre das súas fronteiras as ideas occidentais. A anterior benevolencia cara os misioneiros xesuitas occidentais, que non so logran introduci-lo cristianismo, senon que son moi aprezados na corte imperial polo seus coñecementos científicos, técnicos e artísticos, queda sustuida pola intolerancia, que acarrexa na expulsión destes, e o resto dos occidentais.
[editar] India
- A segunda guerra contra os mahrattas (iniciada no 1803 e que non remataría ata ven entrado o 1805), sostida pola Compañía británica da Indias Orientais baixo o mando supremo de Arthur Wellesley (que máis tarde será o duque de Wellington), supón para os británicos a conquista de Delhi na súa totalidade xa que os diferentes soberanos mahrattas, enemistados entre eles, son derrotados consecutivamente. Certas derrotas sofridas a finais da guerra dan lugar a o cese de Wellesley, e a cuestión dos mahrattas non é resolta no sentido deseado por Gran Bretaña o concerta-la paz (o que dará lugar a unha terceira guerra que comenzará no 1807). Wellesley, que tiña o cargo de gobernador xeral (desde 1798 ata o 1805), logrou que a India británica se extendese por Bengala, o val do Ganges, e a maior parte da costa oriental, polo Oeste do Decán. Trala guerra a Compañía das Indias estivo o borde da quebra, pero foi salvada pola obra unificadora seguida dun beneficio británico.
[editar] Francia
- O inventor e industrial francés das fiandeiras Joseph Marie Jacquard (que nacera en Lyon no 1752), perfecciona o sistema de teares para producir telas policromadas. O invento de Jacquard (unha máquina automática cun dispositivo de cartóns perforados para determina-la execución do debuxo), recibe o apoio do goberno imperial de Napoleón, e nos poucos anos alcanza unha produción de máis de 10.000 unidades (12.000 no ano 1812 e 20.000 no ano 1833). Por outras os obreiros da fiandeiras no se amosan dacordo co método do novo sistema, xa que supón a eliminación dun gran número de postos de traballo. As actividades de protesta dos gremios das fiaduras (hoxe textil) desembocan, a miudo, en accións de violencia; Jacquard fina con 82 anos (cando corria o ano 1834, rico e famoso.
- O 26 de decembro recibese na cidade de París o tratado de paz asinado en Presburgo entre Francia e Austria pon fin a terceira guerra de coalición, cun saldo moi favorable a Napoleón. A pesardes do desastre sofrido pola armada franco-española ante a escuadra británica do almirante Nelson na Batalla de Trafalgar, os exércitos franceses conseguen aplastar as tropas de Austria e Rusia en Austerlitz (o 2 de decembro de 1805). A vitoria das tropas napoleónicas na chamada "batalla dos Tres Emperadores" determina que Austria se vexa na obriga de facer importantes concesións na paz de Presburgo. Estas consisten en ceder Venecia, Istria e Dalmacia o reino de Italia (que na actualidade esta baixo o dominio de Napoleón). O mesmo tempo, os austríacos teñen que recoñece-lo emperador francés como rei de Italia e desprenderse de Tirol, Vorarlberg, Lindau e Brisgovia no favor dos principados de Baviera, Baden e Württemberg. A paz de Presburgo convirte a Austria nunha potencia de segundo nivel e pon fin a súa influencia no sur de Alemaña e Europa meridional, mentres os exércitos de Napoleón pasan a selo principal factor do poder do continente, con so Gran Bretaña aínda inaccesible.
- Un 31 de decembro (10 nivoso do ano XIV, segundo o calendario republicano de Francia). Abandoase o calendario republicano francés, imposto o 24 de decembro de 1793 (ou 22 de setembro de 1792, segundo outros historiadores) e xa caido case no desuso entre os franceses, iso valeu que se restablecera o uso do calendario gregoriano.
[editar] Exipto
- Trala retirada de Napoleón e a súas tropas francesas no ano 1801, e dos británicos no 1803, Muhammad (tamén coñecido como Mohamed, ou Mehmet) Alí, con 36 anos consegue apoderarse do goberno de Exipto. Facédose recoñocer pola Sublime Porta de Constantinopla coma emperador otomano (baixo o alcumio de "baxá"); o virrey estará no poder ata 1848. De orixe albanesa, Alí faise co poder e, unha vez consiguido o recoñecimiento do sultán otomano, enferma. A enfermidade obrigaralle a abdicar, polo que a súa descendencia estará no poder ata 1952.
[editar] Italia
- A rexión de Piamonte pasa a poder de Francia, Napoleón para asegurarse da mesma, nomea a seu irmán Luis Bonaparte, coma gobernador da mesma.
- Entre o 17 e o 18 de marzo o emperador francés, Napoleón I converte en soberano do novo reino de Italia que él mesmo acaba de instaurar. Napoleón nomea virrei a Eugène de Beauharnais (fillo do primeiro casamento coa emperatriz Xosefina) que se fai cargo do goberno. Xa no 1802 era coñecido co a "República italiana" e tiña a súa sede na cidade de Milán; pero o se converter Napoleón como rei, a república desaparece. Eugène, pola sua contra estará no poder ata 1814, data na que Italia volve de novo a formarse como república. O 26 de maio deste mesmo ano, Napoleón recibe a coroa de ferro dos lombardos.
[editar] Moravia
- Un 2 de decembro os exécitos da terceira coalición antifrancesa son derrotados polas tropas de Napoleón na Batalla de Austerlitz (tamén coñecida co nome da Batalla dos Tres Emperadores). A vitoria permite o emperador apoderarse do Véneto, Tirol, Trentino, Istria e Dalmacia, o mesmo tempo fai camiño para unha reorganización dos estados alemáns. Trala vitoria de Austerlitz, Francia atopase na cabeza dun grande imperio, rodeada por estados ciuos monarcas son da familia ou aliados do emperador. A terceira coalición estaba formada por Gran Bretaña, Rusia e Austria; o zar Alexandre I e o emperador austriaco Francisco II puideron ver cos seus propios ollos o desplegue previo a batalla, que convertería a Francia na primeira potencia mundial. Xa o 20 de outubro a cabaleiría napoleónica capturara en Ulm a metade das forzas austríacas; mediante unha audaz maniobra. Napoleón ocupou Viena e lanzou o groso do seu exército cara Moravia, onde acababan de xuntarse as tropas de Austria e Rusia. Alí o franceses conseguiron dividir en dous os efectivos enimigos para aplasta-los, causándolles unhas 27.000 baixas. Austria pide un armisticio as escasas tropas de Alexandre I que se retiran cara Polonia.
[editar] Europa
- Nos Países Baixos, Napoleón fai modifica-las institucións da República bátava (xa constituidas dende 1795) o cal transforma o goberno de Schimmelpenninck, coma un bon administrador. O 11 de abril durante a convención de San Petersburgo (Rusia), Gran Bretaña e Rusia reafirma a súa intención de establecer unha coalición europea contra Francia. Xa en Europa, entre xullo e agosto formase a terceira coalición contra o Imperio francés (están dentro do allo; Inglaterra -que racha a paz de Amiens de 1802-; Austria -que racha a paz de Luneville de 1801-; Rusia, Suecia e Nápoles). O 25 de agosto Napoleón aliase a Baviera. Posteriormente fai o mesmo con Baden (o 5 de setembro) e Württemberg (o 5 de outubro). Un 8 de setembro Austria invade Baviera, co que da comenzo a terceira guerra de coalición. As tropas austriacas avanzan ata Ulm, onde son derrotadas polos franceses o 8 de outubro. Tamén o 21 de outubro o almirante Nelson morre en combate mentres a súa flota destrue a flota franco-española. Co 15 de decembro baixo as presións de Napoleón I, o rei Federico Guillerme III de Prusia renuncia a súa neutralidade e firma un pacto con Francia. O 26 de decembro coa paz de Presburgo, entre Francia e Austria remata a terceira guerra de coalición.
[editar] Nacementos
- 4 de febreiro - Maria de Mattias, enfermeira italiana, canonizada polo papa Xoán Paulo II o 18 de maio do 2003.
- 10 de febreiro - Ciríaco Elias Chavara, crego indio, beatificado polo papa Xoán Paulo II o 8 de febreiro do 1986.
- 7 de marzo - Juana de Vega, escritora española.
- 29 de marzo - Diego Mariano Alguacil Rodríguez, bispo español.
- 2 de abril - Hans Christian Andersen, escritor, etnógrafo e lingüista danés, nado en Odense (Dinamarca) e finado en Copenhague o 4 de agosto de 1875 os 70 anos de idade.
- 14 de maio - Johan Peter Emilius Hartmann, compositor danés.
- 9 de xuño - Victor Baltard, arquitecto francés.
- 14 de xuño - Pierre Romancon, relixioso francés coñecido como irmán Benildo, canonizado o 29 de outubro de 1967 polo papa Paulo VI.
- 15 de xuño - William Butler Ogden, primeiro alcalde da cidade de Chicado.
- 21 de xuño - Karl Friedrich Curschmann, compositor alemán.
- 22 de xuño - Giuseppe Mazzini, líder nacionalista italiano.
- 9 de xullo - Henry John Gauntlett, compositor e músico inglés.
- 28 de xullo - Bernardo de Souza Franco, vizconde brasileiro da casa Souza Franco.
- 29 de xullo - Alexis de Tocqueville, político idealista e escritor francés.
- 19 de agosto - Alexander Lloyd, cuarto alcalde da cidade de Chicago.
- 21 de agosto - August Bournonville, vailarín e coreógrafo danés.
- 2 de setembro - Esteban Echeverría, escritor arxentino.
- 18 de setembro - Francis Cornwall Sherman, quinto alcalde da cidade de Chicago.
- 14 de novembro - Fanny Mendelssohn, compositora de orixen alemán.
- 19 de novembro - Ferdinand de Lesseps, arquitecto, enxeñeiro e construtor francés; responsable da construción da Canle de Suez.
- 23 de decembro - Joseph Smith, predicador americano, fundador da relixión dos mormóns.
[editar] Mortes
- 23 de xaneiro - Václav Pichi, compositor checo.
- 4 de febreiro - Johann Georg Tromlitz, compositor e frautista alemán.
- 9 de marzo - Felice Fontana, escritor e fisioloxista italiano.
- 17 de marzo - Franz Xaver Freiherr von Wulfen, investigador botánico húngaro de orixe austríaca.
- 24 de abril - Heinrich Floris Schopenhauer, pai do filósofo alemán Arthur Schopenhauer.
- 9 de maio - Friedrich Schiller, poeta, dramaturgo, historiador e filósofo alemán. Fina en Weimar pero nacera en Marbach am Neckar un 10 de outubro de 1759.
- 24 de maio - Fedot Shubin, escultor ruso.
- 25 de maio - William Paley, teólogo e filósofo inglés.
- 28 de maio - Luigi Boccherini, compositor e músico italiano.
- 5 de outubro - Charles Cornwallis, militar inglés.
- 21 de outubro - Horacio Nelson, militar con rango de almirante británico.
- 21 de decembro - Manuel María Barbosa du Bocage, poeta portugués. Fina na cidade de Lisboa, foi coñecido polas algunhas das súas obras coma: "Duras verdades", "Poemas" e "Poesías". Nado en Setúbal, un 15 de setembro de 1765.
- 23 de decembro - Marie Geneviève Charlotte "Thiroux d'Arconville", escritora científica francesa.
[editar] Outros
[editar] Breves
- 2 de xaneiro - O venezolano Francisco José Ribas asume o cargo de reitor da Universidade de Caracas.
- 3 de marzo - Nos Estados Unidos é aprovada a Medalla do Congreso para Edward Preble.
- 14 de marzo - Elsa Bailey Seton (tamén coñecida coma Elisabetta Anna Bailey Seton) convertese o cristianismo; finará no ano 1821 e será canonizada no 1971.
- 16 de marzo - Fundase do Supremo Consello do Rito Antigo en Italia.
- 8 de abril - Un decreto institue a Nova Regulación do Correo portugués.
- 7 de xuño - Eugène de Beauharnais presta xuramento como vicerrei de Italia.
- 23 de xullo - Establécese o Pictet Swiss Private Banking en Suiza.
- 15 de agosto - O libertador latinoamericano Simón Bolívar, xura no Monte Sacro, a liberdade da súa patria e de América.
- 1 de outubro - Comenza a circular O Diario de México.
- 10 de outubro - O británico Sir George Hilario Barlow asume o cargo de gobernador xeral da India.
- 7 de novembro - Os exploradores, Lewis e Clark descobren o nacemento do Rio Columbia, nos Estados Unidos.
- 26 de decembro - Constrúese en Pennsylvania (Estados Unidos) a Academia da Finas Artes.
- O explorador canadiense Simon Fraser explora detra-las Rochosas o que hoxe é a Columbia Británica, no leste do Canadá.
- Mungo Park, viaxeiro escocés, explorou en Africa Occidental o río Níxer en canoa.
- A morfina é illada do opio, segundo outros historiadores este feito ocorriu no 1804.
- Danse a coñece-las obras do pintor francés, Jean Auguste Dominique Ingres, nado no 1780 e morto no 1867.
- Oliver Evans inventa o frigorífico.
- John Dalton expón a teoría atómica, segundo outros historiadores este feito puido ocorrir no 1803.
- Carl Friedrich Gauss, matemático e astrónomo alemán (nado no 1777 e morto no 1855), presenta a súa contribución capital a teoría dos números.