Ouro Preto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Estado | Minas Gerais | ||
Superficie | 1248,64 km² | ||
Poboación Densidade |
69 058 (2006) 55,6/km² |
||
Latitude | 20º17'15" S | ||
Lonxitude | 43º30'29" O | ||
Altitude | 1179 msnm | ||
Distancia de Belo Horizonte | 99 Km | ||
Código postal (CEP) | 35400-000 | ||
Administración local | Prefeitura Municipal de Ouro Preto - Praça Barão do Rio Branco, 156 Centro | ||
Internet | http://www.ouropreto.mg.gov.br | ||
Alcalde (Prefeito) | Ângelo Oswaldo de Araújo Santos | ||
Mapa en Minas Xerais | |||
---|---|---|---|
Ouro Preto é unha cidade do estado brasileiro de Minas Xerais. Sitúase a 99 km da capital, Belo Horizonte, por estrada asfaltada. É unha das máis antigas cidades de Minas Xerais, e foi fundada despois da descoberta de ouro na rexión.
A actividade mineira foi o sector máis importante da súa economía no período colonial brasileiro, pero hoxe as antigas minas de ouro xa se esgotaron. Non obstante, a riqueza do pasado mineiro aínda hoxe axuda a economía local, ó atraer turistas que buscan coñecer as súas construcións do rico período colonial. Ouro Preto ten o máis extenso conxunto preservado de construcións coloniais do século XVIII nas Américas, e foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO.
Ademais do turismo histórico, o municipio ten locais para o turismo ecolóxico nas paisaxes naturais ó redor da cidade. Posúe tamén unha universidade pública, a Universidade Federal de Ouro Preto (UFOP), con máis de 5 mil estudantes.