See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Joseph Smith - Wikipedia

Joseph Smith

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Atención!!! Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
artigo moi incompleto
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.

Joseph Smith, Jr., nado o 23 de decembro de 1805 en Sharon (Vermont) e falecido o 27 de xuño de 1844, foi un líder relixioso estadounidense, coñecido por autoproclamarse profeta e por ser o fundador da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días en 1830.

[editar] Biografía

[editar] Vida temperá

Foi o quinto de once fillos do matrimonio entre Joseph Smith e Lucy Mack (casados en 1796). Varios reveses económicos obrigaron o pai a exercer diversos oficios na rexión de Nova Inglaterra, ata que se estableceron ás aforas de Palmyra, na ribeira do Hathaway. Joseph Smith (o fillo) apenas sabía ler e escribir e segundo as súas propias palabras apenas dominaba as operacións básicas da aritmética.

No momento en que entraba na adolescencia, Vermont viuse convulsionado por unha serie de correntes relixiosas cristiás revisionistas e fundamentalistas. Parte da súa familia abrazou a relixión presbiteriana e Smith tamén asistiu ás reunións desta denominación cristiá.

En 1820, con só catorce anos, retirouse a un bosque para orar e viu presuntamente unha columna de luz e dentro dela dous personaxes celestiais, Xesucristo e Deus Pai, que lle comunicaron que a verdadeira igrexa e doutrina pura do evanxeo non se atopaba sobre a terra nese momento, e que el habería de ser un medio para restaurar a igrexa de Xesucristo nos últimos días. Joseph Smith intentou convencer algunhas persoas da súa confianza do que lle sucedeu no bosque, pero non o creron.

[...]

Joseph Smith fundou a Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días, movemento que usualmente se coñece como mormonismo. Smith é considerado polos seus seguidores "profeta, vidente e revelador", e sitúano ao mesmo nivel que Moisés, Isaías e outros profetas bíblicos. As súas supostas revelacións afirman a necesidade de restaurar a igrexa cristiá orixinal, pois esta supostamente se perdería pouco despois da morte dos 12 apóstolos debido á Grande Apostasía.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -