Cristianismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O cristianismo é unha relixión monoteísta, actualmente a que conta con maior número de practicantes, basease na vida e ensinanzas de Xesús Cristo como describe o Novo Testamento da Biblia. Os cristiáns cren que Xesús é o fillo de Deus. Aínda que o cristianismo é unha relixión monoteísta a maioría dos critiáns cren que Deus existe en tres persoas, Deus Pai, Deus Fillo e Espírito Santo que constitúen unha mesma substancia de Deus, o que constitúe o misterio da Santísima Trindade.
Índice |
[editar] Confesións
Os aproximadamente 2.000.000.000 de cristiáns (33% da poboación mundial) agrúpanse, principalmente, en tres correntes:
[editar] Historia
[editar] Primeiros anos
Nun principio, o cristianismo foi unha división dentro do xudaísmo, constituída polos seguidores de Xesús de Nazaret. Pouco a pouco, foise separando da doutrina xudía e foi acollendo a pagáns; isto supuxo un factor de división entre os cristiáns máis conservadores -que defendían que os pagáns debían facerse xudeus antes que cristiáns- e o grupo liderado por Paulo de Tarso, que finalmente rematou imperando. Durante os primeiros séculos da historia cristiá, foise, pouco a pouco, establecendo unha certa xerarquía. Neste tempo, surxiron as primeiras herexías -desviacións do dogma orixinal.
[editar] As herexías nos séculos III e IV
Arrio, na doutrina coñecida como Arrianismo, defendía que o Fillo era inferior ó Pai, situándose nun punto intermedio entre humano e divino. Esta crenza condenouse no Concilio de Nicea. Nestorio defendía que Cristo non era verdadeiramente Deus. A súa doutrina, o Nestorianismo, foi condenada no Concilio de Éfeso. No Concilio de Calcedonia condenouse o Monofisismo -que consistía na crenza en que, en Cristo, a naturaleza humana e divina se mesturaron.
[editar] Legalización
Co Edicto de Milán, en 313, o emperador Constantino I proclama a liberdade de culto no Imperio Romano; á súa morte, bautízase, dándolle así un rango privilexiado á Igrexa Católica. No ano 391, Teodosio I prohíbe o culto pagán e proclama o Cristianismo como relixión oficial do Imperio.
[editar] O Cisma de Oriente
Considérase que o Cisma de Oriente tivo lugar no ano 1054, pero as súas causas atópanse varios séculos atrás. Ata entón, as igrexas de Oriente e Occidente fóranse afastando ó longo doa anos debido a criterios culturais e políticos. A principal causa da división entre a Igrexa Católica e a que despois recibiría o nome de Igrexa Ortodoxa débese, principalmente, á inclusión do "filioque" ("e o fillo") no credo de Nicea. Esta inclusión supuña a afirmación de que o Espírito Santo procedía tanto do Pai coma do Fillo, algo que en Oriente non era aceptado.
[editar] A Igrexa na Idade Media
A Idade Media considérase, tradicionalmente, como o período de esplendor da Igrexa e do Cristianismo, que pasaron a afectar a tódolos estratos da sociedade. Isto debeuse, sobre todo, ó forte contacto producido entre a Igrexa e o poder secular (que non estivo exento de roces, coma o acontecido na Querela das Investiduras), que tamén estivo relacionado co Cisma de Occidente.
[editar] O Cisma de Occidente
Foi unha división producida na Cristiandade occidental. En 1305, os papas marcharon da súa tradicional residencia en Roma a Aviñón, Francia. Alí permaneceron ata 1378, cando Gregorio XI decidiu volver a Roma. Á morte de Gregorio, escolleuse un novo papa, Urbano VI. A súa selección non agradou a grandes sectores da Igrexa, polo que elixiron un segundo papa, Clemente VII, que pasou a residir en Aviñón. A situación con dous papas, un vivindo en Roma e o outro en Aviñón, continuou durante anos, ata que, en 1408, o Concilio de Pisa quixo solucionala escollendo un terceiro papa. Pero, ó non abdica-los outros dous, a Cristiandade occidental pasou a ter tres papas. Esta división rematou co Concilio de Constanza en 1417
[editar] A Idade Moderna: Reforma e Contrarreforma
A Reforma protestante foi un movemento dentro do Cristianismo dirixido por Martín Lutero, monxe agustino e profesor na Universidade de Wittenberg. Este escribiu 95 Teses que tiñan como finalidade a reforma da Igrexa e, sobre todo, a eliminación das indulxencias (pagos polo perdón dos pecados). A finais de 1517, Martín Lutero distribuíu estas Teses entre as autoridades relixiosas da época.
Estas ideas estendéronse rapidamente por toda Alemaña grazas á imprenta e, paralelamente, xurdiron outros movementos protestantes en Suíza (creados por Huldrych Zwingli), algo máis radicais có de Lutero, e que perviven hoxe (Anabaptistas)
A raíz de todo isto, Martín Lutero foi excomungado polo Papa León X, que condenou terminantemente tódolos aspectos da Reforma. Sen embargo, grazas ós traballos de Martín Lutero e Calvino, o protestantismo estendeuse por Alemaña, Suíza, Escocia, Hungría e moitas outras zonas de Europa.
En Inglaterra, Henrique VIII separouse da Igrexa de Roma e fundou a Igrexa anglicana, que se considera protestante aínda que ten moitos aspectos en común coa Igrexa católica.
A Reforma protestante fixo evidente a necesidade dunha reforma dentro da Igrexa Católica. Esta, que se produciu grazas ó Concilio de Trento (1545-1563) convocado polo papa Paulo III, recibiu o nome de Contrarreforma. O Concilio rexeitou a Reforma protestante e estableceu que:
- A única interpretación correcta da Biblia era a da Igrexa. Calquera que se opuxera a ela era un herexe.
- Para salvarse, facían falla tanto as obras como a fe, non só a fe (coma os protestantes defendían e defenden.
- Tanto a Biblia como a Igrexa deben guiar a vida cristiá (non só a Biblia).
- As indulxencias estaban permitidas.
Tamén se tomaron unha serie de medidas en relación co establecemento dunha maior disciplina dentro da Igrexa (moitos dos estratos da cal estaban cometendo excesos moi notables).
Ó longo dos séculos seguintes, e trala separación definitiva dos protestantes (non exenta de conflitos bélicos), a Igrexa foi perdendo progresivamente poder político.