5 de outubro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Set- Outubro -Nov | ||||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
2008 |
O 5 de outubro é o 278º día do ano do calendario gregoriano (279º nos anos bisestos). Quedan 87 días para finalizar o ano.
4 de outubro < 5 de outubro < 6 de outubro
Índice |
[editar] Acontecementos
- 456 - Teodorico II vence ao rei suevo Requiario e acaba co dominio deste en grande parte da Hispania.
- 1143 - É recoñecida polo rei Afonso VII de Castela e León a independencia de Portugal a través do Tratado de Zamora.
- 1511 - Fernando o Católico proclama unha Real cédula pola que se crea a Audiencia de Santo Domingo, primeira do Novo Mundo.
- 1582 - O Papa Gregorio XIII impón o chamado calendario gregoriano, na sustitución do calendario xuliano para o resto dos paises cristiáns.
- 1762 - Tras un alongado e duro asedio, unha flota inglesa logra a rendición de Manila (Filipinas).
- 1789 - Desátase a Revolución Francesa, o pobo de París asalta o palacio de Versaies e, o día seguinte, llevase á Familia Real á capital.
- 1791 - Prodúcese a represión do levantamento do 13 vendimiario, pola que se disolve a Convención francesa.
- 1793 - Francia: introducción dun novo calendario revolucionario.
- 1796 - España declara a guerra a Inglaterra coma consecuencia do Tratado de Santo Ildefonso, que a obriga a loitar ó carón de Francia no caso de guerra entre os outros dous países.
- 1908 - Fernando de Bulgaria proclama a independencia do reino búlgaro.
- - Austria-Hungría confirma a anexión da Bosnia-Herzegovina aceptada por Rusia o 16 de setembro.
- 1910 - Proclamación da República Portuguesa, tras o triunfo da revolución.
- 1921 - Fundación en Londres do PEN Club.
- - Primeira a transmisión da radio a nivel mundial.
- 1925 - Prohibidos os partidos de esquerda en Italia.
- 1928 - Presentación da nova Gramática da Real Academia Española.
- - O xeneral Primo de Rivera asiste o acto inaugural da Academia Xeneral Militar de Zaragoza, que será dirixida por Francisco Franco.
- 1934 - Comeza a revolución de Asturias.
- 1938 - Os xudeus residentes no territorio da Grande Alemaña deben entrega-los seus pasaportes á policía nun prazo de 14 días.
- 1947 - URSS: A creación da Kominform baixo o impulso de Andrei Jdanov como reconstrutor do Komintern, marca o inicio da chamada Guerra Fría.
- - O presidente de Estados Unidos, Harry S. Truman, nunha conferencia televisada os americanos pide abstenerse de come-la carne os martes e aves os domingos para axudar ás persoas famentas doutros países.
- 1956 - Entrega de 13 cazas reactores estadounidense para as forzas aéreas españolas.
- 1972 - Dinamarca entra mediante un referéndum na CEE.
- 1973 - O COI elimina seis disciplinas olímpicas: 50 km marcha, 200 m natación estilos, 4 x 100 m estilos libres, tándem, 300 m fusil libre e slalom de cabotaxe.
- 1974 - Estala unha bomba nun pub de Guilford (Londres) e a policía deten a catro irlandeses, os chamados "catro de Guilford".
- 1978 - Isaac Bashevis Singer gaña o Premio Nobel de Literatura.
- 1979 - O salario mínimo interprofesional en España fixase en 692 pesetas diarias.
- 1983 - O dirixente sindical polaco Lech Walessa recibe o Premio Nobel da Paz.
- 1988 - Augusto Pinochet é derrotado no plebiscito celebrado en Chile e perde o poder que ostentaba dende o seu golpe de Estado de 1973.
- 1989 - O Dalai Lama, Tensing Gyatso, líder relixioso e político tibetano, distinguido co Premio Nobel da Paz.
- 1990 - O Parlamento panalemán ratifica o Tratado polo que as catro potencias vencedoras na II Guerra Mundial devolven a soberanía a Alemaña.
- 1994 - Presunto suicidio colectivo en Suiza de 48 persoas pertenecentes a unha seita denominada "Templarios do Sol".
- 1998 - A ONU, a UE e EEUU lanzan un novo ultimátum a Milosevic para que Iugoslavia retire as súas tropas de Kosovo e poña fin as matanzas.
- - China firma o Pacto sobre Dereitos Civis e Políticos.
- 2000 - Belgrado alzase contra Milosevic e Kostunica proclámase novo presidente de Serbia.
[editar] Nacementos
- 1712 - Francesco Guardi, pintor veneciano (m.1793)
- 1713 - Denis Diderot, filósofo e escritor francés, principal impulsor da "Enciclopedia" (m.1784)
- 1813 - Antonio García Gutiérrez, poeta e dramaturgo español
- 1830 - Chester Alan Arthur, político e presidente do Estados Unidos entre 1881-1885 (m.1886)
- 1864 - Louis Lumiére, inventor francés, un dos pais do cinematógrafo
- 1887 - René Cassin, xurista francés Premio Nobel da Paz 1968 (m.1976)
- 1896 - Raimundo Fernández Cuesta, político falanxista español
- 1898 - José Camón Aznar, escritor e crítico de arte español
- 1902 - Ray Kroc, industrial fundador do McDonalds (m.1984)
- 1902 - Larry Fine, comediante estadounidense (m.1975)
- 1908 - Joshua Logan, cineasta estadounidense
- 1919 - Donald Pleasence, actor británico
- 1924 - José Donoso, escritor chileno (m.1996)
- 1929 - Juan Silveti Reinoso, matador de touros mexicano
- 1930 - Miguel Báez, "Litri", toreiro español
- 1930 - Reinhard Selten, economista e matemático alemán, Premio Nobel de Economía 1994
- 1931 - Ismael Rivera, “O Sonero Maior” músico portorriqueño
- 1932 - Julio Adolfo Rei, político salvadoreño
- 1933 - Blas Emilio Atehortúa, músico e compositor colombiano
- 1936 - Vaclav Havel, escritor e presidente da República Checa
- 1939 - A.R. Penck, pintor neoexpresionista alemán
- 1939 - Ralf Winkler, pintor, poeta e escultor alemán
- 1942 - Nella Anfuso, soprano italiana
- 1952 - Cliver Barker, actor, produtor, guionista e director británico
- 1954 - Bob Geldof, cantante e músico irlandés
- 1955 - Ángela Molina, actriz española
- 1960 - Antonio de Oliveira Filho “Careca”, futbolista brasileiro
- 1975 - Kate Winslet, actriz británica
[editar] Mortes
- 1056: - Henrique III o Negro, rei de Xermania (1028-1056) e emperador do Sacro Imperio Romano (1039-1056)
- 1285: - Filipe III o Atrevido, rei de Francia
- 1667: - Alonso Cano, escultor e pintor español
- 1815: - Juan Hipólito Vieytes, economista e xornalista arxentino
- 1816: - Camilo Torres e Tenorio, político e avogado colombiano
- 1848: - Alberte Lista, escritor e humanista español
- 1880: - Jacques Offenbach, compositor alemán
- 1905: - Carlos Walker Martínez, político conservador e revolucionario chileno
- 1915: - José María Usandizaga, compositor lírico español
- 1940: - Silvestre Revueltas, músico mexicano
- 1965: - Georges Vantongerloo, artista belga, un dos creadores do Neoplasticismo
- 1986: - Diego Angulo Iñiguez, historiador e mestre universitario
- 1991: - Martin Ennale, secretario de Amnistía Internacional
- 1992: - David Von Schlegel, pintor e escultor estadounidense
- 1994: - Nini Rosso, trompetista italiano
- - Heinz Ruhmann, actor alemán
- 2002: - José Botella Llusía, médico español
[editar] Santoral
- San Froilán (Patrono de Lugo e León); Atilano, Astiero e Aurea (Confesores); Plácido, Eutiquio, Victorino, Donato, Firmato, Flaviana, Palmacio e Caritina (Martires); Gala, Apolinar, Diviciano e Marcelino (Bispos); Mauro e Simñón (Monxes); Calendario Romano: Proenosia. Mundus patet.
[editar] Festas e celebracións
- Lugo (cidade)
- León (cidade)
- Portugal
- Día Mundial dos Docentes (Día Mundial do Profesorado)
- Día Europeo da Depresión
[editar] Outros
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro