Sábado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Sábado é o sexto día da semana. O nome "Sábado" vén do hebreo a través do latín sabbath (dies) ou día do sabat, día de descanso para os xudeos. O nome latino era Saturni (dies), ou día de Saturno. Coa cristianización deuse unha substitución do nome, pero outras linguas mantiveron a raigame latina, así temos o inglés Saturday.
Índice |
[editar] Nomes noutras linguas:
Lingua | Nome | Significado |
Alemán | Samstag | Día do Sabat |
Búlgaro | Събота/Sabota | Día do Sabat |
Catalán | Dissabte | Día do Sabat |
Checo | Sobota | Día do Sabat |
Chinés Tradicional | 星期六/Xīng Qī Līu | Seis da Semana |
Español |
Sábado | Día do Sabat |
Eusquera |
Larunbat | ? |
Francés |
Samedi | Día do Sabat |
Holandés |
Zaterdag | Día do Saturno |
Inglés |
Saturday | Día de Saturno |
Irlandés | Dé Sathairn | Día de Saturno |
Islandés | Laugardagur | Día do Baño |
Italiano |
Sabato | Día do Sabat |
Noruegués |
Lørdag | Día do Baño |
Quechua |
K'uichi P'unchay | Día do Arco da Vella |
Portugués |
Sabado | Día do Sabat |
Rumano | Sambata | Día de Saturno |
Ruso |
Субботу/Subota | Día de Saturno |
Xaponés |
土曜日/Doyoubi | Día da Terra |
[editar] O sábado na cultura popular
As mulleres prefiren dar a luz o sábado por ser este o día da Virxe, intercesora de tódalas parturientas. Así protexidas, saben que, se morren, levaraas ó ceo. Porén, o sábado era o día sinalado para reunirse as meigas nos seus aquelarres.
O sétimo fillo varón nacido tras unha serie de seis fillos tamén varóns terá poderes sobrenaturais: é quen de dar saúde coas mans. Na Fonsagrada cren que se ademais nace en sábado, eses poderes serán aínda maiores.
[editar] Fraseoloxía
Carne de sábado: graxa, despoxos, etc. que antigamente se permitía comer na vixilia dese día.
Chourizos do sábado: en Valdeorras, chourizo delgado, feito con sangue, cebola, etc. e ó que ademais se lle bota cabaza. Equivale á choula ou chourela doutros sitios. En Castela (León, Palencia, Valladolid) e Asturias existen os chourizos sabadeños, sabadeñas ou sabadiegos, feitos coa carne de menor calidade e mailas asaduras (liviáns).
Falar máis que un barbeiro ós sábados.
Sábado longo: sábado Santo, polos longos oficios que se celebran e o xexún de todo o día.
Sábado Santo: último día da semana santa.
[editar] Refraneiro
Cando o sábado chove e o domingo antes da misa, pola semana adiante verás que risa.
Fai o raposo o sábado, con que o domingo non vaia a misa.
Mozo de luns e bois de sábado non valen un ochavo.
Nin sábado sin sol, nin moza sin amor, nin vella sin door. (o sábado era o día de lava-la roupa branca e poñela ó sol. As mozas aproveitaban a ocasión para descansar e escaparse da casa, houbese sol ou non).
Non hai sábado sen sol nin María sin amor.
Non hai sábado sen sol, nin moza sen amor, nin vello sin door.
Non hai sábado sen sol, nin romeiro sin frol nin dama sen amor.
Non hai sábado sen sol, nin romeiro sin frol nin Marica sen amor.
Non hai sábado sin sol nin romeiro sin frol, nin rapaza sin amor.
O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa.
O sábado, día da Virxen e o domingo... de gardar.
O sermón, o sabado, e o salmón, na coresma, teñen razón, despois non.
Quen o sábado vai ó muiño, pouca folga ten o domingo.
Sábado a noite, María colle a roca, que en toda a semana non lle toca.
Sábado á noite, María pilla a roca.
Sábado á noite, Marica, dame a roca.
Sábado á noite, Marica cose a roupa.
[editar] Cantigueiro
[editar] Días da semana:
Luns ~ Martes ~ Mércores ~ Xoves ~ Venres ~ Sábado ~ Domingo