Tortilla francesa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A tortilla francesa ou Omelette é un prato elaborado con huevo batido e cociñado con manteiga ou aceite de oliva (depende da zona) nunha tixola. En realidade trátase dunha tortilla de ovo que servida como acompañamento ou entrante. A forma que adquire durante o seu cociñado é semellante ao dunha folla redonda. A versatilidade deste prato é tan grande que existen inumerables variacións.
Índice |
[editar] Orixe da Tortilla francesa
A orixe da expresión "tortilla francesa" difire do pensamento xeralizado, segundo o cal este prato provén de Francia. O prato ten a súa orixe na España da Guerra da Independencia. Debido á guerra e aos bloqueos comezaron a escasar algúns alimentos, incluíndo as patacas, ingredente necesario para elaborar unha tortilla. Así foi como se comezaron a elaborar tortillas simples, sen patacas, as cales foron chamadas pola xente a xeito de broma "tortilla francesa".
[editar] Variantes
- Na Gastronomía española existe unha variedade de tortilla chamada tortilla de patacas, este prato está elaborado con patacas e ovo (as veces con cebola) e se cociña con aceite de oliva. En Inglaterra denomínase tortilla española e adoita ter queixo ou anaquiños de xamón.
- A Western omelette, denominada tamén Denver omelette, é unha tortilla francesa elaborada con anacos de xamón, cebolas, e pementos. Sérvese a míudo no medio oeste dos Estados Unidos, as veces engádeselle queixo e adoita estar acompaña con patacas fritidas.
- Nos Estados Unidos, existe a denominación Spanish omelette, trátase dunha tortilla francesa servida con salsa de tomate picante, cebolas, e pementos verdes.
- A Frittata é a tortilla francesa da cociña italiana, esta contén queixo, vexetais, e incluso pasta. A Frittate cocíñase lentamente.
- No Xapón, elabórase unha tortilla francesa chamada omuraisu, pronunciada omuretsu, que significa "tortilla" e "arroz". A Omu-soba é outro tipo de tortilla francesa con yakisoba como recheo.
- Na Arxentina, a tortilla francesa coñécese como Omelette e adoita rechearse con xamón, queixo, tomate, mahonesa, etc. para ser logo enrrollada e formar unha especie de canelón.
- En Tailandia chámase kai yat sai.
[editar] Véxase tamén
- Tortilla de patacas
- Tortilla
- Crêpe
[editar] Ligazóns externas
Modelo:Commonscat