See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Rotífero - Wikipedia

Rotífero

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Rotiferos

Philodina alimentándose

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Platyzoa
Filo: Rotifera
Clases
  • Seisonoidea
  • Bdelloidea
  • Monogononta

Os ootíferos ou Rotifera constitúen un filo de animais pseudocelomados microscópicos (entre 0,1 y 0,5 mm) acuáticos. O nome de rotífero provén do latín rota (roda) e ferre (levar), é dicir, “portadores de rodas”, en referencia ao seu aparato succionador, a coroa, que lembra unha coroa real ou unha serra dentada circular.

Foron descubertos por John Harris en 1696 (Hudson and Gosse, 1886), de quen se conservan debuxos datados en 1703, a pesar de que o achado soe atribuírse de xeito equivocado a Leeuwenhoek.

Índice

[editar] Características

[editar] Morfoloxía

Os rotíferos presentan simetría bilateral e corpo posúe unha cabeza, un tronco e unha cola ou pé. Os machos son raros e nalgunhas especies non se coñecen. Pódense diferenciar unhas especies de outras polo tipo de coroa que aparece na cabeza, pola forma do corpo e pola cuberta cuticular externa.

[editar] Cabeza

O centro da cabeza non posúe cilios e leva o nome de rexión apical e está rodeada pola coroa de cilios. Na cabeza tamén ten unhas prolongacións dos órganos retrocerebrais.

[editar] Tronco

O tronco é cilíndrico ou aplanado é presenta unha cuberta ou cutícula que varía dunhas especies a outras. Nalgúns casos é como unha caixa e noutros aparece segmentada en aneis o que lle permite cambiar a forma e lonxitude do corpo. No tronco poden aparecer unha ou dúas antenas dorsais e outras antenas laterais.

[editar] O pé ou cola

O pé está cuberto de aneis cuticulares que remata ou nuns dedos que se moven nas especies nadadoras ou nun disco adhesivo nas especies fixas ou sésiles.

[editar] Aparato dixestivo

Soen ter un tubo dixestivo moi completo, con boca, farinxe moi diferenciada con moitas pezas móbiles que fan o papel de mandíbulas. A coroa está composta de cilios que, ao moverse, crean pequenas correntes que atraen as partículas do entorno cara ela. Da coroa pasan a unha farinxe e desta ao aparato mastigador denominado mástax, onde se trituran as partículas succionadas, para despois ser dixeridas no estómago e finalmente excretados os residuos pola cloaca. A coroa tamén a utilizan para desprazarse pola auga, a modo de turbohélice. No extremo oposto á coroa se distingue un pé (xeralmente un par de pés) co cal poden aferrarse ao substrato.

[editar] Cutícula

Existen rotíferos cunha cutícula relativamente grosa e ríxida que dan ao animal un aspecto capsular; outros son flexibles e de aspecto e movemento vermiforme. Aínda que a gran maioría de rotíferos son nadadores, algúns son sésiles e viven no interior de tubos ou cápsulas xelatinosas. Arredor de 25 especies son coloniais (como Sinantherina semibullata).

[editar] Reprodución

Na maioría de especies os machos son escasos, de forma que a reprodución por partenoxénese é bastante común. Ademais existe un marcado dimorfismo sexual xa que os machos existentes soen ter o aparato dixestivo atrofiado, e a súa existencia limítase á produción de esperma. A vida dunha femia oscila entre as 1-2 semanas. Algunhas especies son xerobiontes, é dicir, os seus ovos fertilizados se enquistan e crean formas de resistencia capaces de sobrevivir aos períodos de seca e desecación nos que o hábitat acuático desaparece por motivos estacionais. Ó ser rehidratados emerxen rapidamente (en menos de dúas horas) como organismos con capacidade natatoria. Algunhas especies producen un derivado do azucre trehalosa co que crean unha substancia xelatinosa que axuda a resistir á falta de auga ambiental.

[editar] Órganos sensoriais

En toda a superficie do corpo hai moitas terminacións nerviosas. As cerdas teñen células sensoriais no seu pé. Na rexión apical teñen fosetas ciliadas con función quimiorreceptora, e tamén aparecen pelos sensoriais nalgúns casos. Os ollos poden aparecer en varios lugares como no cerebro, na coroa ou laterais. Moitos rotíferos presentan fototactismo positivo, é dicir nadan cara a luz.

[editar] Distribución

Actualmente coñécense unhas 1.500-2.000 especies de rotíferos repartidos polas augas doces de todo o mundo, e incluso hai rotíferos de auga salgada ou de hábitats semiterrestres, entre os musgos e liques.

[editar] Curiosidades deste filo

  • Manteñen unha constancia celular.
  • Algúns son capaces de resistir a desecación, incluso 3 ou 4 anos, e voltar á vida activa en canto se lles bota auga.
  • Son empregados como alimento en piscicultura.

[editar] Véxase tamén

Wikispecies posúe a especie: Rotífero
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


[editar] Outros artigos

[editar] Bibliografía

  • Meglitsch P.A.: Zoología de invertebrados. Ed. Pirámide.

[editar] Ligazóns externas


Filos do Reino Animal
Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanomonada | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Echiura | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Myxozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | (Pogonophora) | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -