See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Robert Oppenheimer - Wikipedia

Robert Oppenheimer

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Robert Oppenheimer
Robert Oppenheimer

Julius Robert Oppenheimer (22 de abril de 1904 - 18 de febreiro de 1967) foi un físico norteamericano, director do Proxecto Manhattan para o desenvolvemento da Bomba atómica, levado a cabo durante a Segunda Guerra Mundial no Laboratorio Nacional de Los Álamos en Novo México.

Oppenheimer naceu en Nova York nunha familia xudía. Estudou na Ethical Culture Society , onde chegou a realizar unha completa formación tanto en matemáticas e ciencias como en literatura grega e francesa. Fillo dun inmigrante alemán que se enriqueceu coa importación de produtos téxtiles, graduouse na Universidade de Harvard en 1925. Despois trasladouse ao Reino Unido para investigar no Cavendish Laboratory, dirixido por Ernest Rutherford. Invitado por Max Born á Universidade de Gotinga, onde se doutorou no 1927, alí coñeceu a outros físicos eminentes como Niels Bohr ou Paul Dirac. Tras unha curta visita ás universidades de Leiden e Zúric, volveu aos Estados Unidos para impartir clases de física na Universidade de Berkeley e no Instituto Tecnolóxico de California. Ao principio centrou a súa atención nos procesos enerxéticos das partículas subatómicas, incluídos os electróns, positróns e raios cósmicos.

Pronto se involucrou en asuntos políticos, preocupado polo aumento do nazismo en Alemaña. En 1936 mostrouse partidario do bando republicano tras o estalido da Guerra civil española. Ao herdar a fortuna do seu pai, falecido en 1937, non desaproveitou ningunha oportunidade de subvencionar varias organizacións antifascistas. Decepcionado polo comportamento dado aos científicos pola ditadura stalinista, acabou por desvincularse das asociacións comunistas ás cales estivo vinculado.

Oppenheimer con Albert Einstein
Oppenheimer con Albert Einstein

En 1939, Albert Einstein e Leo Szilard advertiron sobre a terrible ameaza que suporía para a humanidade a posibilidade de que o réxime nazi fose o primeiro en dispor dunha bomba atómica. Oppenheimer empezou entón a investigar tenazmente sobre o proceso de obtención de uranio-235 a partires de mineral de uranio natural, á vez que determinaba a masa crítica do uranio requerida para a posta a punto da bomba.

En 1942 integrouse no Proxecto Manhattan, destinado a xestionar a investigación e o desenvolvemento por parte de científicos británicos e norteamericanos da enerxía nuclear con finalidades militares. A sede central, o laboratorio secreto de Los Álamos, en Novo México, foi escollida polo propio Oppenheimer. Tras o éxito da proba efectuada en Alamogordo, en 1945, dimitiu como director do proxecto.

Dous anos despois foi escollido presidente da Comisión para a Enerxía Atómica norteamericana, cargo que exerceu ata o 1952. Un ano máis tarde, debido á súa antiga vinculación cos comunistas, foi vítima da caza de bruxas de McCarthy e foi destituido da presidencia da Comisión. Adicou os últimos anos da súa vida á reflexión sobre os problemas xurdidos da relación entre a ciencia e a sociedade.

[editar] Ligazóns

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -