Río Main
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Main | |
---|---|
{{{lenda}}} |
|
Nacemento: | {{{nace}}} |
Altitude da fonte: | 887 msmn |
Lonxitude: | 524 km |
Caudal medio: | 190 m3/s |
Conca: | {{{conca}}} |
País: | Alemaña |
Desemboca: | Río Rhin |
O Main é un río da Alemaña. É un dos afluentes máis caudalosos do Rin, ao cal se une pola súa marxe dereita, logo dun curso de 524 km. A súa bacía cobre unha área de 27.292 km2.
Índice |
[editar] Percorrido
O Main nace na Selva de Franconia a uns 524 msnm e desauga no Rin en fronte da cidade de Maguncia (en alemán Mainz).
Pese a que seu curso é moi sinuoso, o Main é navegábel ao longo de 396 km. A través do canal Rhin-Main-Danubio entróncase o Rin co Danubio.
O río atravesa os estados (Länder, nominativo plural do alemán Land) de Baviera, Baden-Württemberg (sinala os límites con Baviera uns quilómetros ) e máis Hessen.
Entre as cidades importantes que baña, cómpre destacar Würzburg, Offenbach am Main, Frankfurt am Main, Bayreuth, Kulmbach, Lichtenfels, Bamberg, Schweinfurt, Aschaffenburg, Hanau e Rüsselsheim.
[editar] Afluentes
Entre os tributarios do Main cabe salientar os seguintes:
- Pola esquerda:
- Regnitz.
- Tauber.
- Pola dereita:
- Saale de Franconia .
- Nidda.
- Kinzig.
[editar] Outros datos
O seu nome latín era Moenus, de onde deriva o romance de Meno, con o que foi coñecido nalgunhas das linguas hispánicas. O seu nome propiamente é céltico, derivado da raíz indoeuropea *mei- "ir, mover", do que tamén procede, probabelmente, o nome do río galego Miño.
[editar] Galeria de imaxes