Baden-Württemberg
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Información | |||||
---|---|---|---|---|---|
País | Alemaña | ||||
Capital | Stuttgart | ||||
Área | 35.751,65 km² | ||||
Poboación - Total - Densidade |
(31-03-2005) 10.718.327 hab. 300 hab./km² |
||||
Código ISO | DE-BW | ||||
Política | |||||
Ministro-presidente | Günther Oettinger | ||||
Partido no poder | Coalición CDU/FDP | ||||
Mapa | |||||
|
|||||
Páxina Web oficial |
Baden-Wurtemberg (en alemán Baden-Württemberg) é un dos 16 estados federados (Bundesländer) nos que se atopa dividida Alemaña. Baden-Württemberg atópase no sudoeste do país, ó leste do río Rin.
O estado limita ó norte co estado de Hesse, ó noreste e ó leste co estado de Baviera, ó sur con 334 km de Suiza, polo oeste coa rexión francesa da Alsacia e polo noroeste co río Rin e co estado de Renania-Palatinado.
Baden-Württember é o resultado da unión entre os estados independentes de Baden e Wurtemberg, a partires de 1952 e grazas a unha consulta popular.
[editar] Historia
A comenzos do século XIX e como consecuencia das guerras Napoleónicas o territorio que comprende este estado pasou a formares parte da Confederación do Rin e tralo congreso de Viena uniuse á Confederación Germánica.
Este estado combina as nacións históricas de Baden, Hohenzollern (estado) e Württemberg.
Trala Segunda Guerra Mundial, as forzas aliadas delimitaron a zona en tres estados: Württemberg-Baden (ocupado polos EEUU, Württemberg-Hohenzollern (Francia) e Baden (Francia). En 1949 estes tres estados pasaron a ser parte da República Federal de Alemaña. O artigo 118 da nova Constitución Alemaá permitía, porén, a unión de estados. Tras un plebiscito celebrado en 1952 os tres estados uníronse en Baden-Württemberg.
En 1956 a Corte Federal Constitucional de Alemania determinou que o plebiscito fora ilícito porque era desventaxoso para a poboación de Baden. Entón, en 1969 volveuse a celebrar un plebiscito na área de Baden, que resultou nunha maioría (máis do 81% de votos) partidaria da unidade.
[editar] Edificios Históricos
Castelo vello de Stuttgart |
|||
[editar] Personaxes célebres
- Friedrich Schelling
- Friedrich Schiller
- Georg Wilhelm Friedrich Hegel
- Johannes Kepler
- Johannes Reuchlin
- Philipp Melanchton
- Theodor Von Heuglin
- Richard Willstätter
- Joschka Fischer
- Martin Heidegger
- Friedrich Hölderlin
- Carl Friedrich Benz