Aschaffenburg
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aschaffenburg é unha cidade de Baviera, Alemaña. Localizada na confluencia do río Main co Aschaff, preto da aba do Spessart. Aínda que a cidade non está incluída no distrito de Aschaffenburg, é a súa capital administrativa. En 2003 a cidade tiña 68.607 habitantes.
[editar] Historia
En orixe a cidade foi unha colonia romana, e nas ruínas do seu castrum os francos construíron un castelo. San Bonifacio erixiu unha capela a San Martiño e funda un mosteiro bieito.