Ponte Sampaio, Pontevedra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ponte Sampaio | |||
---|---|---|---|
igrexa parroquial | |||
Concello: | Pontevedra | ||
Poboación: | 1185 hab. | ||
Superficie: | n/d | ||
Densidade: | n/d | ||
Altitude: | n/d | ||
Entidade(s): | 9 |
Santa María de Ponte Sampaio é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.185 habitantes (637 mulleres e 548 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.244 habitantes. Foi concello propio ata 1960.
Toma o seu nome da ponte que a liga á antiga provincia de Tui pola parroquia de Arcade e onde foi librada unha batalla, a coñecida como Batalla de Ponte Sampaio, decisiva na guerra da Independencia española contra os franceses o 7 e 8 de xuño de 1809.
Nesta parroquia está a illa da Insuíña.
[editar] Ponte Sampaio na cultura popular galega
- Vexo Vigo, vexo Cangas,/ tamén vexo Redondela;/ vexo a ponte de Sampaio,/ camiño da miña terra.
Tamén é soada a muiñeira de Ponte Sampaio, que se supón que foi tocada durante a batalla que tivo lugar ás beiras do río Verdugo
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra | |
---|---|
Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | O Burgo (Santiago Peregrino) | Campañó (San Pedro) | Campolongo (San Xosé) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Monteporreiro (O Bo Pastor) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | San Bartolomé de Pontevedra | Santa María de Pontevedra | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | Xeve (Santo André) |