Lourizán, Pontevedra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santo André de Lourizán | |||
---|---|---|---|
Concello: | Pontevedra | ||
Poboación: | n/d | ||
Superficie: | n/d | ||
Densidade: | n/d | ||
Altitude: | n/d | ||
Entidade(s): | 16 |
Santo André de Lourizán é unha parroquia do concello de Pontevedra. Linda ao norte con Salcedo e a ría de Pontevedra, ao sul con Salcedo e San Xián de Marín, ao leste outra volta con Salcedo e ao oeste con San Xián de Marín e a ría.
A altura máxima é de 100 m. A costa é recortada e os accidentes costeiros máis salientábeis son as puntas da Laxe da Rache e Cabo de Praceres e as praias de Lourizán e Praíña.
Lourizán dista 4 quilómetros da capital do concello, coa que se comunica por medio da autovía PO-11 (Pontevedra-Marín). Existe tamén a estrada antiga por onde circula, principalmente, o transporte público.
Conta cuns 4.000 habitantes, repartidos en 16 entidades de poboación.
Na parroquia atópanse varios petróglifos. O lugar de maior interese é o Pazo de Lourizán, finca da veraneo da familia Montero Ríos e hoxe Centro de Investigacións Forestais. Tamén destacan a igrexa da Nosa Señora dos Praceres e a capela de Santo André.
Nesta parroquia sitúase o complexo Ence-Elnosa, formado pola maior planta produtora de pasta de papel da empresa Ence, construída en 1957, e a planta electroquímica de Elnosa, ambas altamente contaminantes e condenadas en reiteradas ocasións por delictos medioambientais. Malia que por lei deben abandoar eses terreos, propiedade do estado, no ano 2018, a Asociación Pola Defensa da Ría procura a súa marcha canto antes, pola mellora do medio ambiente e porque implicaría un maior número de postos de traballo.
A festa patronal celébrase o día 30 de novembro (Santo André). Tamén se celebra a Nosa Señora dos Praceres, normalmente no mes de maio.
Lugares da parroquia de Lourizán no concello de Pontevedra | |
---|---|
Agrovello | A Carballeira | Caritel | Camboa | Cunchidos | Estrivela | A Igrexa | Meán | Nogueiras | Outeiro | Pexegueiro | Praceres | Regueiriño | Rial | Rorís | Rozo |
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra | |
---|---|
Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | O Burgo (Santiago Peregrino) | Campañó (San Pedro) | Campolongo (San Xosé) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Monteporreiro (O Bo Pastor) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | San Bartolomé de Pontevedra | Santa María de Pontevedra | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | Xeve (Santo André) |