Río Verdugo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Verdugo | |
---|---|
{{{lenda}}} |
|
Nacemento: | {{{nace}}} |
Altitude da fonte: | 760 m |
Lonxitude: | 47 km |
Caudal medio: | 17 m³/s |
Conca: | {{{conca}}} |
País: | Galicia |
Desemboca: | Ría de Vigo |
O Verdugo é un río galego da provincia de Pontevedra, cuxa foz se sitúa no fondo da ría de Vigo.
Índice |
[editar] Percorrido
O Verdugo nace a 760 m de altura no Outeiro Grande, desenvolvendo un percorrido, en boa parte encaixado, de 47 km até a súa desembocadura entre Ponte Sampaio, parroquia máis meridional de Pontevedra, e Arcade, no concello de Soutomaior. O Verdugo atravesa os concellos da Lama, Ponte Caldelas e Soutomaior, no tramo final serve de límite entre o último dos municipios e o de Pontevedra.
Durante o seu curso pasa pola vila de Ponte Caldelas.
[editar] Afluentes e conca
O seu afluente principal é o río Oitavén, que se lle une pola esquerda, en Ponte da Barca, e que desenvolve un percurso de lonxitude similar á do Verdugo, desde o seu nacemento até a confluencia (32 km). De modo que ás veces se fala do sistema Verdugo - Oitavén (o curso común é de 7 km), e máis se se ten en conta que o caudal do Oitavén é superior.
O tamaño total da conca é de 357 km² (177,7 km² corresponden á bacía do Oitavén). O caudal absoluto do Verdugo na desembocadura é de 17 m³/s (o do Oitavén, antes da confluencia, atinxe os 10,5 m³/s).
[editar] Réxime
O Verdugo e os seus afluentes son ríos de réxime pluvial. As precipitacións medias na súa conca atinxen os 1884 mm anuais.
[editar] Aproveitamento industrial
No Verdugo sitúanse tres encoros: os de Feixa I e Encoro de Feixa II, ubicados no concello de Ponte Caldelas e máis o encoro da Ponte do Demo, no de Soutomaior. Son de potencia inferior a 10 Mw.