See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Paradoxo - Wikipedia

Paradoxo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

  1. En literatura tropo que consiste nunha unión de ideas aparentemente opostas ou irreconciliables.
  2. Un paradoxo é unha declaración en aparencia verdadeira que inclúe unha auto-contradición lóxica ou unha situación que contradí o sentido común. En palabras simples, un paradoxo é 'o oposto ó que un considera certo'. A identificación de paradoxos baseados en conceptos en aparencia razoables e simples impulsou importantes avances na ciencia, filosofía e matemáticas.

Entre os temas recorrentes nos paradoxos encóntrase a auto-referencia directa e indirecta, a infinitude, definicións circulares e confusión de niveles de razoamento.

A etimoloxía da palabra paradoxo provén de comezos do período renacentista europeo o os acelerados avances científicos de Eurasia logo do 1500. As primeiras formas das palabra apareceron como a palabra do latín paradoxum; ten a orixe no gregos paradoxon, composta polo prefixo para-, que significa "contrario a" o "alterado", en conxunción co sufixo doxa, que significa "opinión". Palabras similares son ortodoxo ou heterodoxo. O paradoxo do mentireiro e outros paradoxos similares xa se estudaron na Idade Media baixo o título insolubilia.

En filosofía moral un paradoxo xoga un papel particularmente importante en debates sobre ética. Por exemplo, unha admonición ética a "amar ó teu veciño" non soamente se encontra en contraste, senón tamén en contradición, cun veciño armado que intenta asasinarte: de ser exitoso, entón, un non é capaz de amalo. Así e todo, atacar ou reprimir ó veciño agresor non é xeralmente considerado amar. Isto pode ser chamado un dilema ético. Outro exemplo é o conflito entre o mandato de non roubar e a responsabilidade persoal de alimentar á familia, a cal, baixo determinadas circunstancias, non pode ser mantida sen diñeiro roubado.

Non tódolos paradoxos son iguais. Por exemplo, o paradoxo do cumpreanos pode ser definido mellor como unha sorpresa ca como un paradoxo, mentres que a resolución do paradoxo de Curry é inda un tema importante de debate.

Índice

[editar] Tipos de paradoxos

Non tódolos paradoxos encaixan con exactitude nunha única categoría. Algúns exemplos de paradoxos son:

[editar] Segundo a súa veracidade e as condiciones que as forman

Algúns paradoxos só parecen selo, xa que o que afirman é realmente certo ou falso, outros auto-contradinse, polo que se consideran verdadeiros paradoxos, mentres que outros pódense considerar paradoxos ou non dependendo da súa interpretación.

[editar] Paradoxos verídicos

Son resultados que aparentan ser absurdos a pesar de ser demostrable a súa veracidade. A esta categoría pertencen a maior parte dos paradoxos matemáticos.

  • Paradoxo do cumpreanos: ¿Cal é a probabilidade de que dúas persoas nunha reunión cumpran anos o mesmo día?
  • Paradoxo de Galileo: A pesar de que non tódolos números son números cadrados, non hai máis números que números cadrados.
  • Paradoxo do hotel infinito: Un hotel de infinitas habitacións pode aceptar máis hóspedes, incluso se está cheo.

[editar] Paradoxos falsídicos

Establecen un resultado que non só aparenta ser falso, senón que é falso por mor dunha falacia na demostración ofrecida. As demostracións falsas (por exemplo, que demostran que 1=2) inclúense nesta categoría.

[editar] Antinomias

Son paradoxos que alcanzan un resultado que se auto-contradí, aplicando correctamente modos aceptados de razoamento. Mostran erros nun modo de razoamento, axioma ou definición previamente aceptados. Por exemplo, o Paradoxo de Grelling-Nelson sinala problemas xenuínos no noso modo de entender as ideas de verdade e descrición. Moitos deles son casos específicos, ou adaptacións, do Paradoxo de Russell.

  • Paradoxo de Russell ¿Existe un conxunto de tódolos conxuntos que non se conteñen a si mesmos?
  • Paradoxo de Curry "Se non me equivoco, o mundo acabarase en dez días"
  • Paradoxo do mentireiro "Esta oración é falsa"
  • Paradoxo de Grelling-Nelson ¿É a palabra "heterolóxico", que significa "que non describe a si mesmo", heterolóxica?
  • Paradoxo de Berry

[editar] Antinomías de definición

Estes paradoxos baséanse en definicións ambiguas, sen as cales non acadan unha contradición.

  • Paradoxo sorites ¿En que momento un montón deixa de selo cando se quitan grans de arena?
  • Paradoxo de Teseo Cando se substituíron tódalas partes dun barco, ¿segue sendo o mesmo barco?

[editar] Paradoxos condicionais

Só son paradoxais se se fan certas suposicións. Algúns deles mostran que esas suposicións son falsas ou incompletas.

  • Paradoxo de Newcomb Cómo xogar contra un opoñente omnisciente
  • Paradoxo de San Petersburgo A xente só arriscará unha pequena cantidade para obter unha recompensa de valor infinito.
  • Paradoxo da viaxe no tempo Que pasaría se viaxas no tempo e matas a teu avó antes de que coñeza a túa avoa?

[editar] Segundo a área do coñecemento á que pertencen

Tódolos paradoxos están relacionadas coa lóxica, que antigamente se consideraba parte da filosofía, pero que agora se formalizou e se incluíu como unha parte importante das matemáticas. A pesar diso, moitos paradoxos axudaron a entender e avanzar algunhas áreas concretas do coñecemento.

[editar] Paradoxos en Matemáticas / Lóxica

  • Paradoxo de Banach-Tarski

[editar] Paradoxos sobre a probabilidade e a estatística

  • Paradoxo do cumpreanos: Cal é a probabilidade de que dúas persoas nunha reunión cumpran anos o mesmo día?
  • Paradoxo de Simpson: Ó agregar datos, podemos encontrar relacións enganosas
  • Paradoxo de Arrow: Non podes ter tódalas vantaxes dun sistema de votación ideal ó mesmo tempo.
  • Problema de Monty Hall E tras a porta número dous... (Como a probabilidade non é intuitiva)

[editar] Paradoxos sobre lóxica

A pesar de que tódolos paradoxos se consideran relacionadas coa lóxica, hai algúns que afectan directamente ás súas bases e postulados tradicionais.

Os paradoxos máis importantes relacionados directamente coa área da lóxica son as antinomías, coma o paradoxo de Russell, que mostran a inconsistencia das matemáticas tradicionais. A pesar diso, existen paradoxos que non se autocontradín e que axudaron a avanzar en conceptos como demostración e verdade.

  • Paradoxo do actual rei de Francia: ¿É certa unha afirmación sobre algo que non existe?
  • Paradoxo do corvo (ou corvos de Hempel): Unha mazá vermella incrementa a probabilidade de que tódolos corvos sexan negros.

[editar] Paradoxos sobre o infinito

O concepto matemático de infinito, ó ser contrario á intuición, xerou moitos paradoxos dende que foi formulado.

  • Paradoxo de Galileo: A pesar de que non tódolos números son números cadrados, non hai máis números ca números cadrados.
  • Paradoxo do hotel infinito: Un hotel de infinitas habitacións pode aceptar máis hóspedes, incluso se está cheo.
  • Conxunto de Cantor: Ou como quitar elementos dun conxunto e que siga tendo o mesmo tamaño.
  • Corno de Gabriel (o Trompeta de Torricelli) Como pode facer falla unha superficie infinita para conter un volume finito?
  • Paradoxos de Zenón: Uns paradoxos falsídicos que tratan de utilizar o infinito para demostrar que o movemento non pode existir.

[editar] Paradoxos en Física

  • Paradoxo de Bell
  • Paradoxo de Olbers ¿Por que, se hai infinitas estrelas, o ceo é negro?
  • Paradoxo de Maxwell ou Demo de Maxwell. Un aparente paradoxo clásico da termodinámica.
  • Paradoxo dos xemelgos Cando un dos irmáns regresa dunha viaxe a velocidades próximas ás da luz descobre que é moito máis novo cá súa irmá.
  • Paradoxo de Einstein-Podolsky-Rosen. Un paradoxo sobre a natureza da mecánica cuántica proposta por estes tres físicos.
  • Paradoxo de Fermi. Se o Universo estivese poboado por civilizacións avanzadas tecnoloxicamente, onde están?
  • O experimento de Young na súa versión electrón a electrón. Un paradoxo cuántico. No experimento de Young pódense facer pasar electróns por unha dobre regaña un a un de maneira corpuscular, coma se fosen partículas, obténdose así a todo unha figura de interferencias.

[editar] Paradoxos en Economía

[editar] Outros paradoxos

Paradoxo de Abilene

[editar] Referencias

Quine, W. V. (1962) "Paradox". Scientific American, April 1962, pp. 84–96.

Michael Clarke. Paradoxes from A to Z. London: Routledge, 2002.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -