Nathalie Sarraute
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nathalie Sarraute (1900-1999), escritora francesa de orixe rusa.
Naceu como Natacha Tcherniak en Ivanovo, unha localidade próxima a Moscova. A súa infancia pasouna entre Francia e Rusia ata que en 1909 marchou co seu pai para vivir definitivamente en París, estudou dereito na Sorbona, historia en Oxford e socioloxía en Berlín. En 1932 escribiu o seu primeiro libro, Tropismes que publicou en 1939. En 1941 por causa das leis nazis ten que deixar a súa profesión de avogada. En 1956 publicou L'Ère du soupçon un ensaio que serviu como primeiro manifesto da nouveau roman.