Nagorno-Karabakh
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Status político | Non recoñecido | ||||
Linguas | Armenio (Hayeren) | ||||
Capital | Stepanakert / Jankəndi | ||||
Presidente | Arkadi Gukasian | ||||
Independencia – Declarada – Celebrada1 – Recoñecimento |
De Acerbaixán 10 de decembro de 1991 2 de setembro de 1991 non |
||||
Área | 4.400 km² | ||||
Poboación2 Composición étnica3 |
145.000 (est. 2002) Por riba do 95% Armenios 5% minorías |
||||
Moeda | Dron (AMD) (Armenio) | ||||
Fuso horario | UTC +4 (DST +5) | ||||
TLD (Internet) | non | ||||
Código telefonico | 374 97 | ||||
1,2,3 Sacado de nkrusa.org |
Nagorno-Karabakh (en armenio: Լեռնային Ղարաբաղի Հանրապետություն), en azerí: Dağlıq Qarabağ ou Yuxarı Qarabağ, literalmente significa "Karabakh montañoso" ou "Alto Karabakh"; en ruso: Нагорный Карабах, transliteración: Nagornyy Karabakh; translit. Lernayin Gharabagh), historicamente coñecido como Artsakh (en armenio: Արցախ), é unha rexión da antiga República Socialista Soviética do Acerbaixán, situada no sur do Cáucaso. Localizase a preto de 270 km ao oeste da capital do Acerbaixán, Bakú. Estamos perante unha rexión maioritariamente poboada por armenios que pasou a xurisdición do Acerbaixán en 1923, debido a unha decisión de Stalin.
Índice |
[editar] Xeografía
- Superficie: 4.400 km².
- Poboación: 145.000 hab. (est. 2002) A gran maioría da poboación (95%) é de etnia armenia, e o 5% de minorías étnicas.
- A capital é a cidade de Stepanakert.
Esta provincia armenia autoproclamada república independente, non recoñecida por ningún país excepto Armenia o 10 de decembro de 1991 fica situada no macizo do Pequeno Cáucaso. O seu relevo culmina no monte Jiamys. O río Terter é o principal curso de auga.
[editar] Economía
Nas ladeiras e nos vales cultívanse árbores froiteiras, tabaco e viñas, alén de cereais e algodón. A sericultura e a creación de gado bovino e ovino están moi difundidas. O principal centro industrial ata o conflito de 1991 era a cidade de Stepanakert. As industrias máis importantes eran as madeireiras e as alimentarias.
[editar] Historia
O Nagorno-Karabakh é un enclave de poboación armenia cristiá encravado no Acerbaixán (país maioritariamente islámico) onde, entre 1987-1988 deflagrou un conflito moi sanguento. Este conflito foi aínda máis atizado debido ao pogrom masivo anti-armenio organizado pola cidade acerbaixana de Sumgait a finais de febreiro de 1988 - a primeira explosión de violencia étnica nesta antiga república soviética. En novembro do 1991, esperando debelar as contestacións armenias, o parlamento acerbaixano aboliu o estatuto de autonomía da rexión. Como resposta os armenios do Nagorno-Karabakh realizaron un referendo o 10 de decembro de 1991, no cal a esmagadora maioría da poboación votou pola independencia. A comunidade acerbaixana de Nagorno-Karabakh boicoteou o referendo.
Estes acontecementos conduciron a accións violentas contra armenios que vivían en Bakú e o resto do Acerbaixán, e de acerbaixanos residentes na Armenia. Como resultado, unha vasta maioría de acerbaixanos da Armenia e Armenios no Acerbaixán (excepto Nagorno-Karabakh) víranse obrigados a saír. Aos eventos de violencia civil seguíu unha guerra entre a Armenia e o Acerbaixán. As accións militares foron fortemente influenciadas pola inspiración militar rusa. As vitorias das ofensivas armenias nos anos seguintes proporcionaranlle o control de gran parte do territorio, ata que o 12 de maio de 1994 foi negociado un acordo de alto o fogo que permanece en vigor aínda hoxe.
Actualmente Nagorno-Karabakh é de feito un estado independente autoproclamándose República de Nagorno-Karabakh. Fortemente dependente da República da Armenia, usa a súa moeda, o dron. Os sucesivos gobernos armenios teñen resistido á presión interna de unir o Nagorno-Karabakh á Armenia, temendo as represalias do Acerbaixán e da comunidade internacional, que considera Nagorno-Karabakh parte do Acerbaixán. A política da Armenia e do Nagorno-Karabakh están tan intimamente ligados que un antigo primeiro ministro da República do Nagorno-Karabakh, Robert Kocharian, tornouse primeiro ministro (1997) e despois presidente da Armenia (de 1998 ata o presente).
En setembro de 2004 realizáranse conversacións entre os presidentes da Armenia e do Acerbaixán, mais a disputa por este territorio continúa e o futuro permanece incerto.