Motor de combustión interna
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un motor de combustión interna é un tipo de máquina que obtén enerxía mecánica directamente da enerxía química producida por un combustíbel que arde dentro dunha cámara de combustión, a parte principal dun motor.
Os MCI divídense en:
Motores alternativos (MCIA):
- O motor de acendido provocado, ou de ciclo Otto cuxo nome provén do técnico alemán que o inventou, Nikolaus August Otto, é o motor convencional de gasolina que se emprega en automoción e aeronáutica.
- O motor de acendido por compresión ou motor Diesel, chamado así en honra do enxeñeiro alemán Rudolf Diesel, funciona cun principio diferente e adoita consumir gasóleo. Emprégase en instalacións xeradoras de enerxía eléctrica, en sistemas de propulsión naval, en camións, autobuses e automóbiles. Tanto os motores Otto como os Diesel fabrícanse en modelos de dous e catro tempos.
Motores rotativos (MCIR):
- O motor rotatorio.
- A turbina de combustión.
Motor de combustión interna | |||
---|---|---|---|
Motores de combustión interna alternativos | Motores de combustión interna rotativos | ||
Motor Diesel | Motor de explosión | Motor Wankel | Turbina de gas |