See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Manuel Rodrigues Lapa - Wikipedia

Manuel Rodrigues Lapa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Manuel Rodrigues Lapa, nado en Anadia (Aveiro) o 22 de abril de 1897 e falecido na mesma vila o 28 de marzo de 1989, foi un filólogo portugués, que fixo varios estudos sobre o galego.

Índice

[editar] Biografía

Estudou na Universidade de Lisboa, onde se doutorou coa tese Das Origens da Poesia Lírica em Portugal na Idade Média (1930). Nese mesmo ano dirixe a súa atención para Galiza, e publica Os vilancicos: o vilancico galego nos séculos XVII e XVIII, obra na cal estuda vilancicos nos que aparecen galegos aos recitar. Dous anos despois efectúa a súa primeira visita a Galiza.

Foi afastado da facultade de Letras en 1935 por motivos políticos e a súa oposición ao goberno salazarista. A partir de aí dedicouse ao xornalismo (dirixiu O Diabo) e ás investigacións literarias. No ano 1935 edita na revista Seara Nova un número especial dedicado ao poeta Eduardo Pondal.

Foi encarcerado o 6 de xaneiro de 1949[1]. En 1957 exiliouse no Brasil, onde deu clase en varias universidades, e onde realizou investigacións sobre o século XVIII en Minas Gerais. Regresou a Portugal despois do 25 de abril.

En repetidas ocasións voltará a publicar sobre o galego e a Galiza nos anos seguintes. En 1965, a súa edición das cantigas de escarnio e maldicir imprímese en Vigo. En 1973, Rodrigues Lapa publica un artigo na revista lisboeta Colóquio / Letras, onde se proclama partidario de que o galego se escriba con ortografía portuguesa. O artigo reeditouse en Grial, o que provocou unha viva polémica, na que toman postura en contra intelectuais galegos, como Ramón Piñeiro, Álvaro Cunqueiro e Ramón Otero Pedrayo, ente outros; e a favor Valentín Paz Andrade, Ernesto Guerra da Cal, Ricardo Carballo Calero e outros.

En 1981 realizou a que sería a súa última visita a Galiza, para presentar un libro do seu amigo Carballo Calero. Por esta altura padecía xa problemas de saúde que dificultaban os seus desprazamentos. En 1989 falecería na súa morada de Anadia.

[editar] Obra

  • História da língua e da literatura portuguesa, I: Das origens da poesia lírica em Portugal na Idade Media. Lisboa. Seara Nova. 1929.
  • Origens da Poesia Lírica em Portugal na Idade Média 1930.
  • Liçôes de literatura portuguesa: época medieval. Lisboa, Centro de Estudos Filológicos. 1934 (con varias edicións posteriores).
  • Crestomatía arcaica. Lisboa. Gráfica Lisbonense. 1940.
  • Estilística da língua portuguesa. Coímbra. Coímbra Editora. 1945 (onde comenta escritores en galego).
  • Miscelânea de língua e literatura portuguesa medieval. Rio de Janeiro. Instituto Nacional do Livro. 1965.
  • As minhas razôes: Memórias de um idealista que quiso indereitar o mundo...Coímbra. Coimbra Editora. 1983 (libro de memorias).

[editar] Sobre Galicia

  • Os vilancicos: o vilancico galego nos séculos XVII e XVIII. 1930 (reimpreso con o título "Os vilancicos: a tradiçâo do vilancico galego nos séculos XVII e XVIII", in rev. "Agália", 11. 1987, páxs. 353-363).
  • Carta a la viuda de Castelao, in rev. "A Nosa Terra", nº 474, 1950.
  • A obra máis urgente da galeguidade, in rev. "Galicia", Centro Gallego de Montevideo, nº 466, 1952.
  • A ideia de comunhâo em Otero Pedrayo, in V.V.A.A., Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacimento. Vigo. Galaxia. 1958, pá. 73 e ss,
  • A recuperaçâo literária do galego, in rev. "Coloquio/Letras", 13. Lisboa. 1973, páxs. 5-14.
  • Estudos galego-portugueses: por uma Galiza renovada. Lisboa. Sá da Costa. 1979.
  • A reintegraçâo lingüística galego-portuguesa. Um drama que afecta a nós todos, in rev. "Nova Renscença", Porto, outubro de 1983, páxs. 321-329.
  • O problema lingüístico da Galiza: sobre cultura e idioma na Galiza, in rev. Temas do Ensino, nº 6-10, pás. 23-33.

[editar] Edicións

  • Cantigas de Santa Maria, de Afonso X. Lisboa Centro de Estudos Filologicos. 1939.
  • Cantigas d'escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses. Vigo. Galaxia. 1965.

[editar] Bibliografía

  • Montero Santalha, José Martinho, Na morte de Rodrigues Lapa, in rev. Agália, nº 17, 1989, páxs. 109-111.
Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -