See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Ernesto Guerra da Cal - Wikipedia

Ernesto Guerra da Cal

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ernesto Guerra da Cal, nacido co nome de Ernesto Román Laureano Pérez Güerra (Ferrol, 19 de decembro de 1911Lisboa, 28 de xullo de 1994) foi un filólogo e escritor galego.

Nacido en Ferrol, tras a temperá morte do seu pai, a súa nai trasládase a Madrid a retomar os seus estudios na Escola Superior Normal, deixándoo a el e ao seu irmán ao cargo da familia de Quiroga, Lugo, vila onde pasa a súa infancia e coa que conservará sempre unha fonda ligazón sentimental.

Cando conta con apenas 11 anos a súa nai obtén praza de mestra en Madrid, e leva a ambos fillos con ela. Ernesto vivirá na capital entre os once e os vinte e cinco anos. Nela cursa e bacharelato e a carreira de Filosofía e Letras, ao tempo que comeza a desenvolver unha certa conciencia política que o leva a participar das protestas estudantís contra a dictadura de Miguel Primo de Rivera, sendo detido varias veces. Tamén entra en contacto coa vida intelectual da capital, asistindo ás sesións do Ateneo e entrando en contacto con algunhas figuras destacadas. No ano 1931 coñece a Federico García Lorca, persoa coa que vai ter unha grande amizade e coa que compartirá a ideoloxía republicana. Nos primeiros anos da Segunda República Española, ambos acudirán xuntos a diversas tertulias da capital, tanto as da Casa de las Flores, organizadas por Pablo Neruda, como as do Café Regina, de carácter galeguista. Guerra da Cal asistirá tamén á fundación de La barraca, o grupo teatral de Lorca, e porá a este en relación con algúns intelectuais galegos, destacadamente con Eduardo Blanco Amor. A relación entre ambos está tamén no trasfondo da composición do seu libro Seis poemas galegos, do que Guerra da Cal actuaría como un dos incitadores e como puntual auxilio lingüístico.

Cando comeza a Guerra Civil española, Ernesto vai combater do lado republicano formando parte das Milicias Gallegas. No 1937 aparece na revista Nova Galiza, o seu poema Mariñeiro fusilado, a súa primeira publicación literaria. En 1939, a derrota republicana sorpréndeo en Nova Iorque, cumprindo unha misión para o goberno da República. Ficará exiliado na cidade norteamericana, onde nos primeiros anos entra en contacto novamente con Castelao e outros exiliados.

Nos Estados Unidos vai desenvolver unha fructífera carreira académica. Primeiro ocupará a cátedra de Linguas e Literaturas Románicas, e despois será director do Departamento de Español e Portugués do Washington Square College. Neses anos publica Língua e estilo de Eça de Queiroz (1954), un dos estudos máis importantes sobre o autor portugués. En 1956 colabora tamén no Dicionário de Literatura Portuguesa, Brasileira e Galega de Jacinto do Prado Coelho, encargándose das entradas referidas á literatura galega. Tamén neses anos desenvolve a creación literaria, dando ao prelo libros de poemas como Lúa de além-mar (1959), Poemas (1961), Rio de sonho e tempo (1962) ou Motivos de eu (1966).

Ao adoptar a nacionalidade estadounidense, no ano 1954 adopta tamén legalmente o nome de Ernesto Guerra da Cal, aplicando as regras anglosaxonas de formación de nomes, nas que o apelido da nai vai en primeiro lugar.

No ano 1977, xa xubilado, pasará a vivir en Estoril, Portugal. Neses anos publica, entre outros libros, os poemarios Futuro inmemorial (1985), Deus, tempo, morte, amor e outras bagatelas (1987) e Espelho cego (1990).

É de destacar, tanto na súa traxectoria académica como literaria, o firme compromiso, político e ortográfico, coa unidade da lingua galego-portuguesa e co espazo da lusofonía.

Morre en xullo do ano 1994, en Lisboa, cidade na que está enterrado.

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -