Lingua celtibérica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A lingua celtibera é unha lingua celta paleohispánica falada no centro da Península ibérica ata polo menos o século I da nosa era nas actuais provincias españolas de Zaragoza, Teruel, Soria, Burgos e Palencia polos celtiberos.
De entre as linguas célticas continentais, o celtibero está peor documentado có galo, pero mellor có lepóntico e o gálata. Á parte de moitas moedas inscritas, foron sobre todo os bronces de Botorrita (ver máis adiante) os que posibilitaron a reconstrución da lingua. Ademais, como en todas as linguas paleohispánicas, existen outras pequenas inscricións e abundantes teónimos, antropónimos e topónimos.
Mallory (1989, p. 106) clasifica o celtibero como unha lingua "celta Q" (coma o goidélico) e non como unha lingua "celta P" (coma o galés). A diferenza baseábase na conservación ou evolución a /p/ do fonema labiovelar xordo /kw/ do indoeuropeo. Actualmente a maioría dos lingüistas refugan esta clasificación.
O celtibero presenta un pronome relativo ios case completamente declinado, que non se conserva en ningunha das outras linguas célticas, e as partículas kue “e”, nekue “nin”, ue “ou”. Coma no galés, existe un subxuntivo en s, gabiseti (antigo irlandés gabid), robiseti, auseti (comparar co umbro ferest).
Índice |
[editar] Bronces de Botorrita
En Contrebia Belaisca (actual Botorrita, preto de Zaragoza) atopáronse unha serie de bronces do século I antes da nosa era.
Entre estes bronces atópase o chamado "Bronce de Botorrita I" que é o texto en celtibero máis longo achado ata hoxe. O texto aínda non foi traducido, aínda que si transliterado, e tense unha idea xeral do que se trata. Parece ser un tipo de documento comercial que contén moitos nomes de persoa.
O bronce III é unha longa lista de nomes celtiberos do que parece que son douscentos dos habitantes (homes e mulleres) de Contrebia Belaisca.
[editar] Ver tamén
[editar] Bibliografía
En español:
- Villar, Francisco, Los indoeuropeos y los orígenes de Europa, Madrid, 1991, ISBN 84-249-1471-6.
- Albertos Firmat, María Lourdes, "Lenguas primitivas de la Península Ibérica" en Boletín de la institución “Sancho el Sabio“, tomo XVII, 1973.
- Blázquez, José María; Francisco Presedo; Francisco Javier Lomas; Javier Fernández Nieto, "Protohistoria" en Historia de España antigua, tomo I, 1997, ISBN 84-376-0232-7.
- Pellón, José R., Diccionario Espasa Íberos, Madrid, 2001, ISBN 84-239-2290-1.
- Palaeohispanica (revista sobre lengua y culturas de la Hispania antigua), tomo 1, Zaragoza, 2001, ISSN 1578-5386.
- Jordán Cólera, Carlos, Introducción al celtibérico, Zaragoza, 1998, ISBN 84-920431-6-4.
En inglés:
- Wolfgang Meid, Celtiberian Inscriptions, Budapest 1994 (Archaeolingua, edd. S. Bökönyi and W. Meid, Series Minor, 5), p. 12–13.
- Javier de Hoz, The Botorrita first text. Its epigraphical background; in: Die größeren altkeltischen Sprachdenkmäler. Akten des Kolloquiums Innsbruck 29. April - 3. Mai 1993, edd. v. W. Meid und P. Anreiter, Innsbruck 1996, p. 124–145.
- J. P. Mallory, In Search of the Indo-Europeans (Thames & Hudson, 1989), ISBN 0-500-05052-X
[editar] Ligazóns
- Bibliografía de introdución ao celtibérico polo Prof. Dr. C. Jordán
Linguas celtas | |||
Linguas celtas continentais | Galo †| Lepóntico † | Gálata † | Celtibérico † | Nórico † | ||
Linguas goidélicas | Irlandés | Gaélico de Galloway ? † | Manx | Gaélico escocés (Gaélico escocés • Gaélico canadiense) | ||
Linguas britónicas | Bretón | Córnico | Britónico † | Cúmbrico † | Ivérnico ? † | Picto ? † | Galés | ||
Linguas mesturadas | Shelta | Bungee † | ||
† Lingua morta |