Kawasaki Ki-61
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ki-61 Hien | |
---|---|
Hien | |
Tipo | Caza |
Fabricante | Kawasaki |
Primeiro vóo | Decembro de 1941 |
Construídos | 3.078 |
Variantes | Kawasaki Ki-100 |
O Kawasaki Ki-61 Hien (andoriña) foi un caza monopraza xaponés usado pol Exército Imperial durante a Segunda Guerra Mundial. Voou por primeira vez en decembro de 1941 e foi o único caza xaponés importante equipado cun motor lineal. Construíronse un total de 3.078 exemplares das súas diferentes versións. Foi alcumado "Tony" polos aliados.