See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Johannes Gutenberg - Wikipedia

Johannes Gutenberg

Na Galipedia, a wikipedia en galego.


Image:Merge-arrows.gif Este artigo debe incluír o material procedente de Johann Gutenberg
Imaxe:Gutenberg.jpg

Johannes Gensfleish zur Laden zum Gutenberg (1398 - 3 de febreiro de 1468). Gutenberg naceu en Maguncia, Alemaña, fillo do comerciante Frele Gensfleisch zu Laden, quen adoptaría máis tarde o nome "zum Gutenberg", homónimo da veciñanza a onde a familia se trasladara.

Gutenberg é coñecido polas súas contribucións á tecnoloxía da impresión en polo menos tres dos seus procesos: As matrices ou pranchas de impresión de tipos móbiles, a prensa e nas tintas para transferir os tipos ao pergamiño ou ao papel. O primeiro libro impreso por Gutenberg foi a Biblia, proceso que iniciou o 23 de febreiro de 1455 e concluíu uns cinco anos despois; estímase que logrou imprimir, iluminar e encadernar 180 Biblias de 1282 páxinas cada unha, a dúas columnas de 42 liñas. Hoxe en día (en 2003) existen 60 Biblias de Gutenberg, 12 en pergamiño e 48 en papel. Alemaña posúe polo menos 15 Biblias de Gutenberg, na súa maioría nas bibliotecas de institucións universitarias.

Biblia de Gutenberg
Biblia de Gutenberg

Índice

[editar] Os tipos individuais móbiles

Gutenberg está considerado como o inventor –en Europa, pois os chineses e coreanos xa os usaban– dos tipos móbiles de chumbo fundido, máis duradeiros e resistentes que os fabricados en madeira, e por tanto reutilizábeis que conferiron unha enorme versatilidade ao proceso de elaboración de libros e á súa masificación. Inicialmente estes eran singulares (únicos), como unha obra de arte, elaborados a man letra por letra, palabra por palabra, por un Scriba nun Scriptorium. Na Alta Idade Media xa se empregaban matrices de impresión, estas son o negativo, é dicir, a imaxe especular dunha páxina, tallada nun medio ríxido para logo entintala e transferila, mediante presión ao pergamiño ou papel. Estas matrices de tipos fixos –cifras, palabras, frases, parágrafos… labrados (gravados) sobre táboas de arxila mol e logo cocidas ou talladas sobre madeira– coñecíanse desde había moito tempo. As primeiras foron case contemporáneas da invención da escritura, as táboas de arxila sobre as que os sumerios codificaron e marcaron os primeiros inventarios de produción agrícola e cobraron os primeiros impostos, contra o 3500 a.C.

A diferenza –e vantaxe– entre os tipos móbiles de Gutenberg e os orientais dos chineses e coreanos non é desprezábel, estriba no carácter alfabético da escritura occidental que require soamente a elaboración dun número reducido de clases de tipos, un por cada letra do alfabeto, mentres que a escritura chinesa, tamén usada polos coreanos, é ideográfica e require milleiros de clases de tipos, un para cada concepto, idea ou palabra.

[editar] A prensa

É outra das contribucións de Gutenberg; con anterioridade empregáranse, tamén desde a época de Sumeria, discos ou cilindros sobre os cales se labraba o negativo do texto a imprimir, que xeralmente era soamente a rúbrica do dono do cilindro e outorgaba certeza de autenticidade ás táboas que a levaban. As prensas da Idade Media eran simples táboas grosas e pesadas ou bloques de pedra que se apoiaban sobre a matriz de impresión xa entintada para transferir a súa imaxe ao pergamiño ou papel. A prensa de Gutenberg é unha adaptación daquelas usadas para espremer o zume das uvas na fabricación do viño, coas cales Gutenberg estaba familiarizado, pois Maguncia, onde naceu e viviu, está no val do Rin, unha rexión vinícola desde a época dos romanos.


[editar] As tintas e o papel de impresión

O interese de Gutenberg pola impresión rápida e económica de libros era en gran medida comercial e incluso chegouse a afirmar que quixo facer pasar as súas primeiras Biblias por exemplares realizados a man. Antes de inventar os tipos removíbeis fora xoieiro, coñecedor da arte da construción de moldes e da fundición de ouro e prata; por iso logrou facer excelentes tipos, valiosos incluso artisticamente como traballo de ourive.

Tras a invención dos tipos e a adaptación da prensa vinícola, Gutenberg seguiu experimentando coa prensa até lograr un aparato funcional. Tamén investigou sobre o papel ou o vélaro e as tintas. Uns e outras tiñan que comportarse de tal xeito que as tintas se absorberan polo papel sen correrse, asegurando a precisión dos trazos; necesitábase que o secado fose rápido e a impresión permanente. Por iso, Gutenberg experimentou con pigmentos de base de aceite -que non soamente usou para imprimir coas matrices, senón tamén para as capitulares e ilustracións que se realizaban manualmente- e co papel de trapo de orixe chinesa introducido en Europa na súa época.

[editar] Gutenberg e o desenvolvemento das ciencias, a cultura e o coñecemento

[editar] Outros datos de interese

  • Outros impresos de Gutenberg (Incunábeis): monotipos e ilustracións, Gramática Latina, Catholicon, Calendario, etc.
  • A Universidade de Maguncia chámase Johannes Gutenberg Universität Mainz
  • Laurens Janzoon Koster, impresor holandés, contemporáneo de Gutenberg mais máis vello; afírmase que inventou a prensa tipográfica antes que Gutenberg


Véxase tamén:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -