General Public License
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Siglas de GNU General Public License, Licenza Pública Xeral. Licenza creada pola Free Software Foundation e orientada principalmente ós termos de distribución, modificación e uso do software. O seu propósito é declarar que o software cuberto por esta licenza é Software Libre e que podese empregar e modificar baixo os termos que se indican na mesma.
Existen varias licenzas "irmás" da GPL, como a Licenza de Documentación Libre GNU que cubre os artigos da Wikipedia, a Open Audio License, para traballos musicais... e outras máis "lixeiras", como a LGPL (Lesser General Public License ou Library General Public License), que permiten o enlace dinámico do código libre a aplicacións propietarias. Este último tipo de licenza fai posible proxectos como OpenOffice.org de Sun Microsystems.
[editar] Véxase tamén
- Richard Stallman
- Eben Moglen
- Licenza de Documentación Libre GNU
[editar] Ligazóns externas:
- Tradución xurada da Licenza GPL2 ao galego segundo a normativa oficial do 2003. GPL2 galego normativa oficial (txt) GPL2 galego (pdf)
- Tradución da Licenza GPL ó galego, normativa AGAL (non oficial) Orixinal Copia en Wikifontes
- Licenza GPL en inglés (oficial)