See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Software - Wikipedia

Software

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A palabra inglesa software utilízase para describir a parte non física ("lóxica") do ordenador, tamén chamada programas.

Chámase así em contrapartida á parte física da computadora, o hardware (monitor, teclado, rato, escáner...etc), que é o que fai que os programas se poidan executar e o usuario poida interaccionar co ordenador. O software é o código compilado que se transforma en aplicacións usables, que poden ser de ofimáticas, de deseño, multimedia, etc.

Software de ordenador (ou sinxelamente, software) refírese a un ou máis programas de ordenador e os datos almacenados nun ordenador para algún propósito concreto. O software de programa permete o funcionamento programado xa implementado, sexa dando instrucións de xeito direito, a través de instrucións ao hardware (o aparataxe), ou servindo como entrada a outro programa. O software de datos existe de xeito único para o seu uso eventual por outro software de programa.

O termo software foi usado por primeira vez neste senso por John W. Tukey en 1957; de xeito coloquial, o termo utilízase frecuentemente para designar aplicacións, utilidades, o sistema operativo, etc.. En informática e enxeñaría de programas, software de ordenador é toda a información procesada polo sistema informático, programas e datos.

Índice

[editar] Clases de software

Calquer ordenador moderno de uso xeral (en oposición aos sistemas embebidos) conta con varias "capas" de software que realizan cada unha certas tarefas determinadas. Divídense habitualmente en tres categorías principais:

Software de sistema
O software de sistema inclúe o sistemas básico de entrada e saída ("BIOS", chamado tamén firmware en vez de software), os controladores dos dispositivos, un sistema operativo e, normalmente, unha interface gráfica de usuario ("GUI") que, en conxunto, lle permiten ao usuario poder interaccionar co ordenador e os seus periféricos. O sistema de software ven normalmente co ordenador e quen ten coñecementos de informática só "a nivel de usuario" non é consciente sequer de que existe.
Software de aplicación
O software de aplicación permítelle ao usuario realizar unha ou máis tarefas concretas, como as aplicacións de ofimática coas que é posíbel redactar documentos (procesador de textos, realizar cálculos en folla de cálculo, etc. ou os xogos de vídeo. O software de aplicación cómprase á parte ou descárgase de internet. Nas aplicacións é no que a maior parte da xente pensa cando se fala de software.
Software de usuario
O software de usuario adecúa os sistemas ás necesidades específicas de cada usuario. Inclúe os modelos de follas de cálculo, as macros dos procesadores de texto, as simulacións científicas, os gráficos e os guións de animación. Mesmo os filtros de correo son un tipo de software de usuario. É fácil pasar por alto a súa importancia real.

[editar] Software en execución

Un programa de ordenador ten que ser "cargado" na memoria deste.

Cando o programa está cargado, o ordenador está en disposición de traballar con el. Os ordenadores operan executando o software. Isto significa enviar instrucións desde a aplicación, pasando polo software de sistema, e chegando finalmente ao hardware como código máquina. Cada instrución provoca que o ordenador faga unha operación, tal como mover datos, facer un cálculo, ou alterar o fluxo de instrucións.

[editar] Programas e librarías

Un programa informático pode non incluir todas as instrucións precisas para ser executado por un computador. Por exemplo, hai partes que non se escriben porque son as mesmas para moitos programas, como o diálogo "abrir ficheiro". Para estas instrucións recúrrese a unha libraría de sofware en vez de escribilas de novo. Estas librarías (calco do inglés library, que realmente significa "biblioteca") non se poden executar elas sós, senón que as activa o programa que estamos a executar. Dise que un programa "chama" por unha libraría para executar unha función determinada.

[editar] Creación de software

Os programas créanse mediante linguaxes de programación e utilidades relacionadas, que poden vir en moitas das formas arriba mencionadas: pacotes que conteñen un compilador, linker, e outras ferramentas; e conxuntos (suites) (tamén chamados ambientes integrados de desenvolvemento, Integrated Development Environment) que incluen editores, depuradores, e outras utilidades para múltiples linguaxes de programación.

Ver tamén: Programación de ordenadores, Enxeñeria de software, Arquitectura de software

[editar] Patentes de software

O tema das patentes de software tén moita controversia, dende que as patentes protexen as ideas dos "inventores", dos cais xeralmente se opina que dificultan o desenvolvemento do sistema.

[editar] Ver tamén

[editar] Artigos relacionados


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -