See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Software libre - Wikipedia

Software libre

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Segundo a Free Software Foundation (FSF), o software libre está formado por aqueles programas que teñen unha licenza que dá a todos aqueles que reciban unha copia do programa as seguintes liberdades:

  • liberdade para executar o programa, con calquera propósito;
  • liberdade para estudiar o seu funcionamento e adaptalo ás túas necesidades; unha condición a priori para isto é ter acceso ao código fonte;
  • liberdade para redistribuír copias e así poder axudar ao veciño;
  • liberdade para mellorar o programa e publicar as melloras, beneficiándose así toda a comunidade. Tamén é condición a priori para isto ter acceso ao código fonte.

Índice

[editar] Historia

A historia do software libre comeza case no principio da informática, cando os programadores intercambiaban libremente as súas ideas, consellos e código fonte. Pouco a pouco, isto foise reducindo segundo as empresas (e ás veces as propias universidades) poñían obstáculos neste libre intercambio de coñecementos, empregando as leis de propiedade intelectual e de patentes para isto.

A idea moderna de software libre comezou despois de que, en 1983, Richard Stallman fundase a FSF e o proxecto GNU e, nos seguintes anos, fose formulando diversos conceptos ideolóxicos e filosóficos, como as catro liberdades xa citadas.

Hoxendía existen varias correntes no referido ao software libre. Aínda que coinciden na importancia das catro leis anteriormente citadas, teñen diferentes ideas sobre o seu alcance, estratexias para promove-los ideais do software libre, alcance destes ideais, etc. As principais correntes son:

[editar] Licenzas

Existen varios tipos de licenzas de software libre, que se poden dividir en dous tipos: con copyleft e sen copyleft

[editar] Copyleft

Richard Stallman considerou que para cumprir de xeito efectivo o obxectivo do proxecto GNU, dar liberdade aos usuarios, é necesario que o software libre se manteña libre e non se convirta en software propietario. Para isto desenvolveu o chamado Copyleft, que usa as leis de propiedade intelectual ("Copyright"), pero invirte os termos tradicionais do contrato; así no canto de "privatizar" o software fai que se manteña sempre como software libre. "Copyleft" é, pois, un xogo de palabras para indicar que ten como meta o contrario do que se pretendía nun principio co "Copyright".

Creouse con este propósito a Licenza Pública Xeral de GNU (GNU General Public License ou simplemente GNU GPL), que é a que usa a meirande parte do software do sistema GNU. Tamén hai actualmente outras dúas semellantes, cun propósito específico: GNU Lesser GPL (anteriormente GNU Library GPL), para usar só con algunhas librarías; e GNU FDL, para usar coa documentación. Estas dúas son simplemente adaptacións para casos especiais ou partes do software que non son código.

Hai actualmente moitísimo software baixo licenza GPL que non foi feito por GNU; sen ir máis lonxe, o núcleo Linux. Se non estiver baixo esa licenza seguramente non teriamos hoxe o sistema combinado GNU/Linux.

[editar] Licenzas sen copyleft

Hai tamén moita xente que ten problemas filosóficos co concepto de Copyleft, xa que consideran que limita a liberdade do usuario dun xeito inaceptable; cren que o usuario debería te-lo dereito de distribuir versións modificadas dun programa libre sen lle da-los mesmos dereitos aos que reciban esas copias.

Os exemplos máis clásicos de licenzas construidas baixo esa filosofía son a licenza BSD e a licenza MIT.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Jordi Mas i Hernàndez (2006), Software libre: Tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto, Biblos. ISBN 84-935062-2-2.

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -