GNU
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome propio, tirado das siglas de "GNU is Not Unix"
Proxecto informático ideado por Richard Stallman co obxetivo de crear un sistema operativo completo e libre: o sistema GNU. O 27 de setembro de 1983 anuncióuse publicamente o proxecto por primeira vez no grupo de noticias net.unix-wizards. Ó anuncio orixinal, segueron outros ensaios escritos por Richard Stallman como o Manifesto GNU, que estableceron as súas motivacións para iniciar o proxecto, entre as que destaca "retornar o espírito de cooperación que prevaleceu nos tempos iniciais da comunidade de usuarios de computadoras".
O proxecto GNU leva producido unha morea de programas en código aberto e licenza copyleft, coma o compilador gcc, Latex, etc., sendo unha gran parte do software que conforma o sistema operativo GNU/Linux, pero que están dispoñibles tamén para moitas outras plataformas.
Índice |
[editar] Definición
O GNU propiamente dito é un proxecto nado en 1984 para crear un sistema operativo libre (de código aberto) e compatible con UNIX.
[editar] Lema
R. Stallman, o seu creador, publicouno baixo esta condición: "Cólleo pero, se o melloras, distribúeo tí tamén."
[editar] Véxase tamén
- Fundación polo Software Libre
- Software libre
- Movemento do Software Libre
- Contido libre
- GNU/Linux