Filgueira, Lalín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Filgueira | |||
---|---|---|---|
Concello: | Lalín | ||
Poboación: | 457 hab. | ||
Superficie: | 8,4 km2 | ||
Densidade: | n/d | ||
Altitude: | n/d | ||
Entidade(s): | 10 |
Santa María de Filgueira é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 447 habitantes (224 mulleres e 203 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 455 habitantes.
Lugares da parroquia de Filgueira no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
O Agriño | Cardexía | A Cima do Alle | A Ermida | O Espiño | Filgueira | O Fondo do Alle | Outeiro | O Porto do Alle | As Queimadas | Ribas Altas | A Senra | Vilar |
Índice |
[editar] Historia
Foi unha doación feita polo diácono Nuño ao Convento de San Paio de Antealtares (en Santiago de Compostela).
[editar] Patrimonio
En canto ao patrimonio arqueolóxico; conta cun castro, de nome Pena da Cunca, que conserva restos da muralla e do foso; quedan tamén algunhas sepulturas dispersas nos montes de Outeiro e Cerqueda.
A igrexa, situada no lugar de Filgueira, a penas garda recordos de vellos tempos, xa que está desvirtuada pola funcionalidade dos templos rurais ampliados nas dúas últimas centurias. A fachada posúe unha forte liña de cornixa da que sobresae o campanario de dobre arco coroado con pináculos.
No lugar de Cardexía atópase unha casona fidalga que ten un balcón sobre columnas, unha poderosa cheminea e os escudos dos Taboada, Deza, Salgado e Gil. De planta rectangular e fábrica de cantería pequena, na fachada principal hai unha porta e ventás rectangulares e un balcón sobre tres columnas de pedra.
No lugar de Espiño permanecen aínda os restos dunha importante fábrica de curtidos que funcionou ata ben entrado o século XX. O lugar de Espiño conta tamén cunha capela de nova construcción dedicada ao culto da virxe de Fátima.
[editar] Festas
Festividade: Santa María
[editar] Outros datos
Densidade de pob.: 54,4
Altitude máx.: 590 metros
Código postal: 36512
Distancia a Lalín: 4 kilómetros