Goiás, Lalín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Miguel de Goiás é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 755 habitantes (394 mulleres e 361 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 806 habitantes.
Lugares da parroquia de Goiás no concello de Lalín (Pontevedra) | |
---|---|
Bailás | Cáceme | Casares | As Casas Novas | Cotarelo | Delaparte | A Igrexa | Palmaz | Pareizo | Os Porcallos | O Toxo |
Entre os monumentos salientables da parroquia destaca a igrexa parroquial que data do século XII coa súa fachada con dous arcos cegos, posteriormente engadiullese a capela dos Salgados, de traza renacentista.