Igrexa (arquitectura)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Igrexa.
A palabra igrexa (←ecclesia (latín)← ἐκκλησία [ekklēsía] (grego), 'asemblea' ‘convocación’) emprégase para describir un edificio usado para o rezo, ou para outros servizos relixiosos públicos, referíndose xeralmente aos da adoración cristiá.
[editar] Historia
Os primeiros cristiáns reunianse en pequenos grupos na vivenda dalgún dos membros. Co medre do cristianismo e fundamentalmente, coa adopción deste como relixión oficial, fíxose precisoa existencia de edificios dedicados aos usos relixiosos. Nun principio adaptouse a basílica romana, un edificio de uso civil e xeralmente de planta rectangular cunha nave central mais alta e nalgúns casos co engadido dunha ábsida. Os cambios na liturxia e unha intención simbólica levou á planta en forma de cruz, ben grega ou latina (acolle a mais fieis).