See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Festival de Cans - Wikipedia

Festival de Cans

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Festival de Cans é un festival de curtametraxes que se celebra desde 2004 na aldea de Cans no Porriño, en paralelo ao Festival de Cannes, no mes de maio. O festival naceu pola semellanza entre os dous nomes (se ben, en francés non se pronuncia o -s final de Cannes).

Proxéctanse fundamentalmente curtametraxes galegas e pretende retirarlle todo o cerimonioso que teñen estes certames: as proxeccións non son en cines senón en alpendres, adegas e baixos de casas; en vez de limusinas o "vehículo oficial" son os chimpíns, etc., nun concepto que os seus organizadores denominan "agroglamour".

Está organizado pola Asociación Cultural Arela e os veciños e veciñas de Cans, baixo a coordenación do guionista Alfonso Pato. Ten dúas seccións principais, unha de ficción e outra de animación. O festival foi ano a ano ampliando as seccións. Dende 2005 existe o "Jalpón Friki", no que se proxectan curtas extravagantes. Dende 2006 estréanse longametraxes, como Por min e por todos os meus compañeiros de Judas Diz ese ano, e en 2007 Abrígate de Ramón Costafreda, Gritos no corredor de Juanjo Ramírez, e Só concertinas de Víctor Coyote. Tamén en 2007 abriuse unha sección para mostrar e premiar os mellores videoclips galegos.

Polo Festival de Cans teñen pasado, na presentación ou premiados, Teté Delgado, Antonio Durán "Morris", Julián Hernández, Suso Iglesias, Luis Tosar, Tristán Ulloa, Mabel Rivera e Emma Suárez, entre outros.

Índice

[editar] Premiados

[editar] 2004

  • Premio Pedigree'04 de honra: Luis Tosar.
  • Premio do xurado á mellor curta de ficción: A petición de man, de Ben Temple.
  • Premio do xurado á mellor curta de animación: De tripas e corazón, de Juan Pablo Echeberry.
  • Premio do público: A petición de man, de Ben Temple.

[editar] 2005

  • Premio Pedigree'05 de honra: Celso Bugallo.
  • Premio do xurado á mellor curta de ficción: Intensidade, de Mario Iglesias.
  • Premio do xurado á mellor curta de animación: Minotauromaquia (Pablo no labirinto), de Juan Pablo Echeberry.
  • Premio do público á mellor curta de ficción: A boa caligrafía, de Álex Sampaio.
  • Premio do público á mellor curta de animación: Minotauromaquia (Pablo no labirinto), de Juan Pablo Echeberry.

[editar] 2006

  • Premio Pedigree'06 de honra: Mabel Rivera.
  • Premio do xurado á mellor curta de ficción: Nais, de Mario Iglesias.
  • Premio do xurado á mellor curta de animación: Os 2 lados da valla, de Diego Méndez.
  • Premio do público á mellor curta de ficción: Quérote mal, de Mireia Giró.
  • Premio do público á mellor curta de animación: O señor dos mosquis (O retorno da lei) de David Rubín.
  • Premio do xurado ao mellor actor: Ricardo de Barreiro por Bos días.
  • Premio do xurado á mellor actriz: ex aequo a Isabel Naveira por Quérote mal e a Isabel Rey por Nais.

[editar] 2007

  • Premio Pedigree'07 de honra: Antón Reixa.
  • Premio do xurado á mellor curta de ficción: Sen chumbo, de Jorge Saavedra.
  • Mención especial do xurado na categoría de ficción: As carreiras secretas, de Antón Coucheiro "Cou".
  • Premio do xurado á mellor curta de animación: Promesa, de Fernando Cortizo.
  • Premio do público á mellor curta de ficción: Tempada 92-93, de Alexandre Marzoa.
  • Premio do público á mellor curta de animación: A flor máis grande do mundo, de Juan Pablo Echeberry.
  • Premio do xurado á mellor actriz: Cristina Castaño por Sen chumbo.
  • Premio do xurado ao mellor actor: Xulio Abonjo por Sen chumbo.
  • Premio do xurado ao mellor videoclip: "Song 74" de Niño y Pistola, realizado por Manolito Portolés.
  • Premio do público ao mellor videoclip: "Como cada día" de El Cubo, realizado por Miguel de la Peña.

[editar] 2008

  • Premio Pedigree'08 de honra: Chete Lera.
  • Premio do xurado á mellor curta de ficción: Sálvame, de Javier Veiga.
  • Mención especial do xurado na categoría de ficción: Perversa Lola, de Sonia Méndez.
  • Premio do xurado á mellor curta de animación: 1977, de Peque Varela.
  • Premio do xurado á mellor actriz: Nuria Sanz, por Perversa Lola
  • Premio do xurado ao mellor actor: Luis Zahera, por Rosita y Jacinto.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -